jueves, 28 de mayo de 2009

Feijoo defende en Ferrol o levantamento do veto á antiga Astano


Se o Partido Popular gaña as próximas eleccións europeas, conseguirá desbloquear a construcción de buques civis na antiga Astano. Así de rotundo se manifestou onte en Ferrol o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, nun dos actos centrais da campaña dos populares na comarca. Durante a súa intervención no Teatro Jofre, o titular do Executivo Galego lembrou o moito que se xoga Galicia nestas eleccións europeas das que vai depender, segundo dixo, o futuro de moitos dos sectores estratéxicos do país, comezando polo naval.
Segundo Núñez Feijoo, é fundamental que Galicia estea ben representada no Parlamento Europeo e, para conseguilo, defendeu como único modelo válido o do Partido Popular. Dos socialistas dixo que teñen o costume de dicir o contrario do que pensan e acusounos de “falsos” en cuestións tan importantes coma o futuro dos asteleiros, a evolución da economía ou os prazos para a construcción do AVE a Galicia.
radiofusion.eu

No hay comentarios: