martes, 24 de febrero de 2009

O futuro pasa por atraer e activar investimentos de fóra (XOÁN GATO (TEGA))


No momento actual de dificultade financeira que atravesan as empresas -porque os bancos cortáronlles o cordón umbilical o que lles impide presentar proxectos- o futuro da comarca pasa por atraer e activar investimentos de fóra e seguir enchendo e desenvolvendo polígonos industriais.
Hai que conquerir que o estaleiro da antiga Astano, aínda que non poda construír barcos, poda facer plataformas off-shore. Había un proxecto dunha planta de regasificación semellante á de Mugardos pero para alta mar para aproveitar os xacementos marítimos de combustible, pero á SEPI non lle deu a gana de autorizalo.
Nin o PSOE nin o BNG foron quen durante todo este tempo de desbloquear os vetos á produción que ten esta factoría nen de negociar coa UE o levantamento dos mesmos. E outro piar fundamental para xenerar emprego é incrementar o investimento en axuda social. Hai moitísimas demandas de axuda a domicilio e de atención ás persoas dependentes. Cubrindo estas necesidades tamén se xeneran postos de traballo e recursos. O desenvolvemento industrial e os mellores servizos sociais son dous eixos vitais en Ferrolterra para a creación de emprego.

diariodeferrol.es

No hay comentarios: