martes, 24 de febrero de 2009

A tecnoloxía do naval é por si soa unha fonte de diversificación :FERNANDO BRANCO (BNG)


Hai que impulsar políticas de diversificación industrial mais sen esquecer nunca a nosa base produtiva, na que compre incrementar as actuacións en I+D+i.
É urxente a recuperación da construción naval civil nos estaleiros da ría, porque ademais, dado o grado de desenvolvemento tecnolóxico que existe nesta actividade, é por si soa unha fonte de diversificación industrial.
É preciso cumprir co saneamento das rías, o sector marisqueiro ten que ter plena capacidade de crecemento, expansión e mellora da comercialización. A comarca segue a ter un potencial moi grande nas actividades agrogandeiras e no sector da madeira, onde as políticas de Medio Rural, tanto o Banco de Terras como as Uxfor están a xerar as condicións para o seu mellor desenvolvemento. Tamén hai que pór en valor o sector turístico, considerando as nosas capacidades, dende o moi importante patrimonio histórico ate o patrimonio natural. Hoxe, na mellora da calidade de vida que a nosa sociedade demanda, atoparemos no impulso da prestación de servizos sociais públicos (galescolas, centros de día, etc.), unha posibilidade importante de creación de postos de traballo.
diariodeferrol.es

No hay comentarios: