viernes, 6 de febrero de 2009

O BNG defende que Astano volva construír buques civís a vindeira lexislatura




O candidato comarcal do BNG ao Parlamento de Galicia, Fernando Blanco, defendeu onte nun acto público en Fene que o estaleiro de Perlío volte facer barcos, como “obxectivo irrenunciable para a proxima lexislatura”. Neste mitin, que tivo lugar na parroquia de Maniños, tamén interviron a número dous da lista electoral do BNG por esta provincia, Ana Pontón; e Rita Couto, primeira tenente alcalde no Concello fenés.


Na actual situación de crise e de incremento de desemprego na comarca, Fernando Blanco sinalou que “resulta imprescindible a recuperación de Astano para a construcción naval civil, algo que o Goberno español pode facer se ten vontade política”. Asi mesmo, lembrou que esta demanda sempre formou parte da axenda política do BNG, “non como outros que se apuntan á reivindicación en función de se hai convocatorias eleitorais”, suliñou.


Pola súa parte, Ana Pontón contrapuxo a política privatizadora do PP -“que só traerá máis desigualdade”, segundo dixo- á aposta do BNG “pola intervención pública para saír da crise”, mediante a creación dun instituto galego de credito y a reforma da Lei de Caixas de Aforro.

No hay comentarios: