jueves, 15 de enero de 2009

Xulio Abelleira critica “unha baixada de nivel na xestión do Plan Ferrol”

Xulio Abelleira non aplicou paliativos á diagnose da situación económica na comarca: era grave, e por iso se puxo en marcha o Plan Ferrol, e agora é moi grave, pola conivencia da crise mundial. E o síntoma que máis preocupa á central é o paro. Tal como lembrou onte o secretario comarcal de CCOO, ó longo de 2008 incrementouse en 2.214 o número de desempregados.
Neste contexto, Xulio Abelleira e a súa executiva segue a confiar na validez do Plan Ferrol, do que a central forma parte, aínda que sinala importantes eivas no seu desenvolvemento cando está a piques de chegar ó seu ecuador. En xeral, di o secretario comarcal, “hai unha baixada de nivel na xestión do propio plan” e unha “desactivación” do mecanismo de traballo posto en marcha hai case dous anos, con responsables de cada unha das once liñas de actuación que compoñen o programa.
Unha mostra diso é que a AIPF non se reuniu desde o pasado mes de xullo co conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, para facer un seguemento do programa, cuxo obxectivo é crear 4.400 empregos no periodo de 2007 a 2011.
Sector enerxético > Unha proba do anterior é, tal como dixo Abelleira, que na resolución do concurso eólico non haxa ningunha concesión para Ferrolterra, “cando o primeiro punto do Plan Ferrol é a creación dun clúster para impulsar este sector nas tres comarcas”. Para CCOO, a Consellería de Innovación e Industria deixou pasar “unha oportunidade para facer unha aposta pública” por esta zona, na que actualmente se sitúa máis do 20% da potencia instalada en Galicia.
“¿Que política industrial ten este conselleiro para a comarca?”, preguntouse Abelleira, para quen é incongruente a falta de aposta polo sector eólico na zona e a defensa da actividade de turbinas dentro de Navantia. O responsable de CCOO criticou a xestión de Fernando Blanco no intento de aproveitar os “terreos ociosos” de Astano. “Ten que saber que son o Goberno central e a SEPI os interlocutores”, dixo, criticando que comezase por presentar públicamente o proxecto de Barreras.

Neste mesmo sentido, Abelleira entende que só o Goberno central ten que resolver o levantamento dos vetos ó estaleiro de Fene e resta validez a “iniciativas populares” que xa se teñen aprobado no Parlamento.
“Debemos aproveitar as eleccións para que se fagan compromisos públicos”, dixo Abelleira, que anunciou a súa intención, como membro da Asociación Impulsora do Plan Ferrol, de facer chegar moitas destas cuestións ó conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, na próxima reunión de seguemento do programa, o día 26. O plan de reactivación económica é “o único instrumento que temos”, subliñou o secretario comarcal, que tamén recoñeceu que segue a ser válido “o xusto para mantelo vixente

No hay comentarios: