jueves, 18 de diciembre de 2008
Zapatero asegura que está a facer xestións ante a Comisión Europea para que Navantia volte á construción civil
[GZnación / Redacción / 18 Dec 08]
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, preguntou esta mañá no Pleno ao Presidente do Goberno español, se na pasada cimeira de Bruxelas, fixo xestións para que a UE levante o veto que pesa sobre o asteleiro de Fene para poder construír barcos civís.
O deputado do BNG formulaba esta cuestión no marco da comparecencia de Zapatero no Pleno da Cámara para informar sobre as conclusións do pasado Consello Europeo dos días 11 e 12 de decembro. Na súa alocución, puxo enriba da mesa “unha cuestión moi importante para Galiza”.
Lembrou a Zapatero a súa última resposta ao BNG sobre o tema do retorno do asteleiro de Fene á construcción naval civil. “Vosté admitía que podía existir un contexto favorábel para renegociar a limitación que impide ao asteleiro de Fene construír barcos civís e se comprometía a iniciar unha nova ofensiva”. Rememorou a resposta dada polo Presidente do Goberno aos xornalistas en Bruxelas. “Díxolles que estamos a traballar niso desde hai varios días e con interese, porque pode ser o momento oportuno”.
Na súa resposta ao BNG, José Luis Rodríguez Zapatero asegurou a Jorquera que “xa lle dixen que estamos a traballar nesa cuestión, que é o meu empeño e que as xestións son múltiples ante a Comisión Europea”. Recoñeceu o traballo dos nacionalistas galegos no tema deste asteleiro e por iso, afirmou, “cando teña noticias, trasladareille persoalmente as conclusións antes de facelo público”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario