O PSdeG non participa no lanzamento da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que buscará recoller 15.000 firmas para presionar a Madrid e Bruxelas e que permitan que se volvan a construír barcos civís en Ferrolterra.
Unha iniciativa lexislativa popular (ILP) en defensa do sector naval en Galicia comezou hoxe o seu proceso de tramitación no Parlamento de Galicia, unha proposta que pretende a volta de Astano á construción civil, así como que a Xunta participe no consello de Navantia e coa que, segundo os seus promotores, poderían crearse 1.500 novos postos de traballo.
Un dos catro defensores da iniciativa que acudiron hoxe á Cámara autonómica, Xoán Maneiro, considerou que esta é "unha oportunidade única e irrepetible" para desenvolver o sector naval de forma "integral". Entre outras xustificacións, referiuse a que o sector naval é "estratéxico", así como que "está saneado, é de longo percorrido e ten recursos humanos".
Ao fío disto último, razoou que, se outros sectores recibiron cuantiosas subvencións dada a actual situación de crise económica, os poderes públicos deben contribuír ao desenvolvemento do sector naval, que "o único" que pide é "poder traballar".
En todo caso, considerou que este é un momento idóneo para conseguilo porque, segundo resaltou, as "sensibilidades" dos empresarios e das forzas políticas son "coincidentes". Tamén se mostrou optimista despois de que, tanto o Goberno español como a Unión Europa mostráronse abertos a negociar a volta á construción civil dos estaleiros ferrolanos.
Ausencia do PSdeG
"É importante sumar o que nos une", proclamou Maneiro, aínda que no día de hoxe só nacionalistas e populares acompañaron aos promotores desta ILP no Parlamento. Ao respecto, o presidente dos empresarios de Ferrolterra, Xosé Manuel Franco, restou importancia á ausencia do voceiro de Industria do PSdeG no encontro e atribuíuno a problemas de axenda.
Así, desvelou que houbo "contactos" cos socialistas e que, polo momento, non atoparon "reticencias". Neste sentido, Maneiro recordou que propostas similares a esta foron apoiadas por unanimidade das tres forzas galegas no Parlamento autonómica, aínda que lembrou que o PSOE non as avalou nas Cortes.
En todo caso, mostrouse convencido de que o apoio popular a esta proposta servirá para "facer presión" e lograr o consenso de todas as forzas parlamentarias. Na mesma liña pronunciouse outro dos promotores da iniciativa, o mariño mercante Manolo Dopico, que tamén reivindicou a necesidade de que Galicia "participe" na toma de decisións que afectan ao sector naval para superar a "dependencia total" que existe na actualidade.
O Bloque e o PP unidos no apoio a ILP da construción naval
Tanto o nacionalista Fernando Blanco Parga como o popular Anxo Bernardo Tahoces deron o seu apoio expreso á ILP e, en concreto, o deputado do BNG proclamou que "non se "pode permitir" que os activos produtivos do estaleiro de Fene estean "pechados por máis tempo debido a unha decisión política". Tamén Tahoces aplaudiu a proposta, dirixida, segundo el a que o sector naval sexa "moito máis" de Galicia.
Ademais de reclamarlle á Xunta que xestione a volta ao sector civil en Astano, a ILP tamén pide que negocie co Estado "a súa participación directa na xestión das empresas públicas estatais integradas no sector naval de Galicia e que, pola súa natureza, non poidan ser obxecto de traspaso".
Tamén persegue que o Goberno autonómico reclame do Goberno central "o traspaso dos activos dos que as empresas estatais integradas no sector naval de Galicia sexan titulares e que non estean sendo aproveitados para a construción, reparación ou transformación de buques".
Un grupo de traballo encargarase de recoller as 15.000 sinaturas para que a proposta sexa debatida como proposición de lei, algo para o que dispoñen de catro meses de prazo. Os promotores piden que a súa tramitación se axilice "o máximo posible" porque os meses son "vitais" para o sector.
Tamén persegue que o Goberno autonómico reclame do Goberno central "o traspaso dos activos dos que as empresas estatais integradas no sector naval de Galicia sexan titulares e que non estean sendo aproveitados para a construción, reparación ou transformación de buques".
Un grupo de traballo encargarase de recoller as 15.000 sinaturas para que a proposta sexa debatida como proposición de lei, algo para o que dispoñen de catro meses de prazo. Os promotores piden que a súa tramitación se axilice "o máximo posible" porque os meses son "vitais" para o sector.
O escaso éxito das ILP durante esta lexislatura
A inminente disolución da Cámara pola convocatoria, os primeiros días de xaneiro, das eleccións autonómicas do 1 de marzo deixará en fase de tramitación un total de tres iniciativas lexislativas, despois de que só unha, a de protección e conservación dos ríos galegos, fose ratificada por todos os deputados durante esta lexislatura.
Con todo, esta proposta quedara atrasada do anterior mandato, polo que ningunha das iniciativas desta lexislatura a petición cidadá aceptadas pola Mesa do Parlamento viron luz verde. Tres son os textos por impulso popular pendentes de debaterse no Pazo do Hórreo e refírense ao cambio da retribución dos funcionarios que desempeñan altos cargos; para crear unha rede de apoio á muller embarazada; e para a creación da área metropolitana de Vigo.
Pola súa banda, IU pretendeu sacar adiante por esta vía unha modificación da Lei Electoral para rebaixar dun 5 a un 3 por cento a porcentaxe de votos necesaria para obter un deputado, pero esta proposta de iniciativa lexislativa popular non foi admitida a trámite pola Mesa do Parlamento.
anosaterra.org
Pola súa banda, IU pretendeu sacar adiante por esta vía unha modificación da Lei Electoral para rebaixar dun 5 a un 3 por cento a porcentaxe de votos necesaria para obter un deputado, pero esta proposta de iniciativa lexislativa popular non foi admitida a trámite pola Mesa do Parlamento.
anosaterra.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario