A automoción agora non ten mercado, o sector naval, si. Así se puxo de manifesto na reunión dos promotores da Iniciativa Lexislativa Popular para a reactivación de Navantia Fene. Os asistentes á xuntanza celebrada na Feira de Mostras de Ferrol indicaron que o compromiso de Zapatero para renegociar as prohibicións coa Unión Europea, reforza esta proposta.
Unha comisión formada por dez persoas reuniráse a vindeira semana para preparar a documentación xurídica que acompañará a iniciativa. Asimesmo prepararán a edición dun díptico informativo e a convocatoria dun acto na Universidade.
Forman a comisión Manuel Dopico Rodriguez, Jesús Varela Rivas, Ramón Yañez, Juan Maneiro, Xaquín Marín, Medos Romero, Edgar Vigo, Xesús Bello, Xose Maria Fontao e Pedro Seco. Na asamblea de onte aprobouse o texto da iniciativa que se tramitará diante do Parlamento Galego. Nos vindeiros meses os promotores deberán recoller 15.000 asinaturas para que a iniciativa se debata na Cámara autónoma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario