domingo, 30 de noviembre de 2008

É o momento de eliminar o veto a Astano


A crise demostrou que a economía especulativa é un fracaso, e que cómpre apostar e apoiar firmemente a economía produtiva.

Non entendo que o Goberno apoie operacións para a venda de Repsol, ou a compra de Fenosa por parte de Gas Natural, mentres en Galiza temos factorías produtivas como Navantia-Fene (antiga Astano) paradas por culpa do Goberno central. Este é o momento de reclamarlle a Madrid dunha vez por todas que nos deixen facer barcos, para que o empresariado galego poida crear industria competiva a nivel mundial e postos de traballo para a xente do país. Grazas a unha pregunta de Francisco Jorquera o presidente Zapatero manifestou no Congreso o seu compromiso de levar o tema á Unión Europea. O BNG vai traballar intensamente estes días para vixilar que este compromiso se cumpra.

No hay comentarios: