Navantia Fene
GZnación / Redacción / 30 Nov 08]
Asemade, Blanco tamén aproveitou a entrevista para amosar a súa ledicia porque o presidente do Goberno se sumarse á posibilidade de que os estaleiros de Fene volvan á construción civil, unha batalla na que “non se rende”.
O conselleiro estima que se a súa iniciativa saíse adiante “agora teriamos de 5 a 8 buques para construír e estariamos xerando unha actividade económica e un emprego importante” todo porque “sabemos facer barcos, temos man de obra moi cualificada, cada vez maior capacidade de innovar no sector, empresas que aportan cada vez máis bens de equipo e, polo tanto, un sector con futuro”.
Conseguir a autorización de Bruxelas é “proceso dunha negociación” e cando a súa Consellaría o intentou, “non tivemos o apoio do goberno do Estado e xa que logo é máis difícil” polo que espera que a nova postura “se traduza en que inmediatamente se poñan marcha mecanismos que permitan de novo poñer un proxecto en marcha e empezar a falar de que imos construír barcos en Fene”.
Aínda que non quixo facer “prognósticos” sobre o horizonte temporal, Blanco afirmou “ver a Fene facendo barcos” sabendo “que hai que competir con outros” e “que cada vez é máis complexo” aínda que para logralo primeiro hai que dar pasos “como eu os din: primeiro no país, despois no Estado -onde non houbo apoio-, e na UE sabendo que ía moi só a esa negociación”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario