Narón, 31 de outubro de 2008,
na tarde de onte tivo lugar en Narón un Pleno ordinario no que todos os grupos políticos apoiaron a volta de Astano á construción naval civil, froito dunha emenda do Bloque Nacionalista Galego á unha moción presentada por TEGA en apoio á manifestación do próximo día 23, na que, entre outros asuntos, se demandará a execución de logros acadados polo representante do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, na negociación dos Orzamentos do Estado co PSOE, que conseguiu que o documento orzamentario estatal recollese partidas específicas para a conexión ferroviaria de Ferrol co porto exterior de Caneliñas, o eixo atlántico Ferrol-A Coruña, o novo acceso á AP-9 en Vidrieiro e o Plan director do Castelo de San Felipe.
Todas estas cuestións, reflexan a produtividade do traballo do traballo do Bloque Nacionalista Galego na defensa dos intereses da sociedade comarcal de Ferrolterra.
como moi exitosas as negociacións do Coordenador Executivo do BNG en Madrid, para o Bloque Nacionalista Galego é fundamental a volta do estaleiro de Fene á construción naval convencional. Que Astano volte a construir barcos é unha medida irrenunciábel para o BNG, que faría saír a esta comarca da crise económica e social que vimos arrastrando en Ferrolterra dende a década dos oitenta e que se ve acentuada hoxe en día coa tan nomeada crise económica que estamos a padecer, xa que sería o xeito de dar emprego a moitos dos mozos e mozas que a día de hoxe se teñen que enfrontar ao actual mercado laboral.
GRUPO MUNICIPAL BNG NARÓ

No hay comentarios:
Publicar un comentario