viernes, 4 de noviembre de 2011

Este fin de semana: Un paripé para saír na foto.

Este fin de semana imos asistir a un aútentico paripé, unha obra teatral dirixida polas centrais sindicais e a que asistiran todolos partidos políticos. O lema no que se escuda é a defensa do sector naval.Iso é rotundamente falso.Vexamos porqué:

O 27 de marzo do 2010 organizouse unha auténtica manifestación popular,promovida por distintas asociacions e veciños de Ferrolterra.O lema,era claro: Levantamento do veto. Ferrolterra non podía seguir soportando esas cifras de paro que medraban cada vez máis.

CCOO,UXT e USTG abstiveronse de participar nela. Dicían que era oportunismo político,que so era para privatizar, que Navantia estaba na formula un do naval, que tiña futuro no sector militar....


Un ano despois,encontramonos de golpe coa realidade.A carga de traballo militar esgotase.Os gobernos non poden gastar cartos en barcos de guerra.

¿Cal é a solución das centrais sindicais?:
1-Pedidos militares non vai haber (Nos últimos 5 anos non se firmou nada).
2-A armada española, non ten un peso,e non poderá contratar a sexta fragata (defensa debe 26.000 millóns de euros)

Solución: Que o estado español encargué "algún" pedido.
Non importa o que sexa.Como se o que se faga despois, vaiase afundir no medio da ría.Por exemplo un dique.Iso sí,a cargo do resto dos cidadáns.
Porque os cartos públicos,son os impostos de todos,e cos nosos impostos queren SUBVENCIONAR unha empresa ruinosa.Alargar a agonía.

O dique DALLES IGUAL.Porque se mañan o goberno dixese.:"Imos apostar polas reparacións,imos facer un dique seco...".Os sindicatos montarían en cólera, non vos quepa duda.

¿Porque non se manifestaron faí 5 meses cando se falaba de cubrir un dos diques?.Co cal poderíanse reparar barcos en calquera condición metereolóxica.
¿A quen queren enganar?.¿Onde estaban faí un ano?.

Edulcoran o lema da manifestación, falando de diversificación, para gañar máis adeptos.Incluso demandan o sector offshore......

¡Manda truco¡, pero se iso é imposible polo tema do veto....

Pero o esperpentico non remata ahí.Todos os partidos políticos subiranse o carro,para saír na foto.
Como cando se fixo a manifestación do Tren a Caneliñas,onde a manifestación iban tamén os deputados do goberno que lle reclamaban ao mesmo goberno o tren....un auténtico sinsentido.

Ademais,faise unha reclamación que se sabe que non se pode cumplir.A CE non o permitiría.Por ser axudas de estado,e polo tema do veto.

A manifestación será unha proba de forza, unha forma de ver se so acuden os traballadores dos estaleiro (como cando obriganaos das subcontratas...) ,ou tamén van o resto de cidadáns, movidos por uns lemas que semellan xustos e nos que so falta pedir a paz mundial.

A realidade é que o dique non vaí agochar a realidade.Navantia non pode depender so do sector militar.

Estase vendo como en Cádiz apostan por reparacions de yates,e transformacions civís,porque xa non hai negocio.(Unha fragata F100 custaba 1000 millóns de dólares)


A solucións pasará inexcusablemente,polo levantamento do veto, ou enaxenación das instalacións.Un cambio de titularidade,para permitir un aproveitamento delas.Se Navantia non pode construir,poñelas en concurso público,para que algunha empresa,por exemplo Dragados (que está ao 100% de ocupación) poída desenrolar proxectos de alto valor engadido.


Levaría tempo.Pero ese é o futuro.

















No hay comentarios: