Os nacionalistas
trasladaran á Xunta de Portavoces do vindeiro luns 3 de outubtro a
moción nacionalista basada nun texto xa consensuado polas forzas
parlamentarias galegas.
O
portavoz do BNG no concello fenés, Manuel Polo,
agarda que o acordo sexa unánime como se ten dado noutras institucións.
Os obxectivos da proposta son
ven coñecidos pero por iso non deixan deser cada vez máis urxentes na
súa aplicación debida á inminente falta de traballo tanto en en Ferrol
como en Fene.
Acordos:
1.- Esixir á SEPI que elabore
e impulse un Plan de Traballo para asegurar a carteira de traballo dos
estaleiros públicos da Ría de Ferrol. Dito plan terá entre os seus
obxectivos garantir o mantemento dos postos de traballo directos e
indirectos en ditos estaleiros.
2.- Contemplar como unha
prioridade estratéxica na axenda exterior do Goberno para captar
inversión na economía española, a consecución de contratos cos
estaleiros da Ría de Ferrol.
3.- Dar cumprimento ao
compromiso adquirido polo Goberno do Estado de contratar a construción
nos estaleiros de Navantia da Ría de Ferrol, da VI fragata F100 para a
mariña española.
4.- Negociar no ámbito da
Unión Europea a eliminación das limitacións que actualmente pesan sobre
os estaleiros de Navantia para poder operar plenamente no campo da
construcción civil e en particular a limitación que pesa sobre o
estaleiro de Fene para que poida construir buques.
5.- Promover no ámbito da
Unión Europea medidas de carácter temporal que teñan en conta a
especificidade do sector naval que contribúan a superar a crise que
actualmente padece o sector.
6.- Esixirlle á Xunta de
Galiza que colabore coa SEPI no cofinanciamento e desenvolvemento dun
centro de reparacións de Navantia na Ría de Ferrol, de acordo co
“Contrato con Ferrol” exposto polo presidente Nuñez Feijoo en 2009.
7.- Impulsar a construcción
dun dique flotante que permita que o centro de reparacións de Navantía
na Ría de Ferrol poida ofertar tamén a reparación e transformación de
grandes buques, encomendando a construción do mesmo aos propios
estaleiros de Navantia na Ría de Ferrol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario