viernes, 3 de junio de 2011

Dous libros sobre os asteleiros da ría de Ferrol preséntanse a vindeira semana na Casa da Cultura de Fene

3 de xuño de 2011

"Astano. Un estaleiro, unha vivencia" e "Obras civiles: berros de rebeldía e pedra na Bazán" serán presentados os días 7 e 9 de xuño respectivamente na Casa da Cultura de Fene.

“Astano. Un estaleiro, unha vivencia” presentarase o martes, 7 de xuño, ás 20 horas. No acto intervirá o autor do volume, José Manuel Serantes Caínzos. A presentación correrá a cargo do alcalde de Fene, Iván Puentes. Organiza: Concellería de Cultura, Xuventude e Deportes do Concello de Fene.

“Astano. Un estaleiro, unha vivencia” é froito dunha iniciativa da agrupación de traballadores que entraron no estaleiro como aprendices en 1965. O libro, coordenado por José Manuel Serantes Caínzos, recolle datos e fotografías de todas as embarcacións que se construíron no estaleiro ao longo da súa historia. O percorrido comeza co “Comandante lobo”, pesqueiro realizado na factoría fenesa entre os anos 1941 e 1942, e remata co derradeiro, o Snohvit (entregado en agosto de 2003).
“Obras civiles: berros de rebeldía e pedra na Bazán” presentarase o xoves, 9 de xuño, ás 20 horas. No acto intervirán o historiador e autor do volume, Enrique Barrera Beitia, a Concelleira de Cultura, Carmen Silvar Canosa, e o alcalde de Fene, Iván Puentes. Organizan: a Asociación Cultural Fuco Buxán e o Departamento de Cultura, Xuventude e Deportes do Concello de Fene.

Obras Civiles era unha empresa adscrita á Bazan na que traballaban 1200 persoas. En decembro de 1966, o goberno decidiu pechala e enviar ao paro ao seu cadro de persoal. Este libro recolle a historia da empresa e a loita dos seus traballadores contra a decisión do goberno. Non puideron evitar a súa desaparición, pero cunha axeitada estratexia sindical, grandes sacrificios persoais e a solidariedade da sociedade ferrolá, acadaron o seu ingreso no cadro de persoal de Bazán.”

2 comentarios:

Central Librera dijo...

Temos interese en Central Libreira en ter exemplares para á súa venda, en Rúa Dolores 2, de Ferrol.

Poden informar, ou traélos?

Central Libreira
Rúa Dolores 2
15402 Ferrol
Tfno 981 35 27 19
Móbil 638 59 39 80
centrallibrera@telefonica.net

administrador dijo...

En el siguiente correo pueden contactar obtener información sobre el libro que están buscando:

curso65@yahoo.es

también en:

curso65@gmail.com

saludos.