miércoles, 30 de junio de 2010
Encerro no concello
O Bloque Nacionalista Galego iniciou ás 10 desta mañá un peche na Casa do Concello de Fene. Reclaman o fin do levantamento do veto a Astano, xusto no dia no que remata a presidencia española da Unión Europea. Os nacionalistas permanecerán ata as dez da noite no salón de plenos da Casa do Concello con distintas actividades ao longo do dia.
Sociedade • 30/06/2010 • Autor: Redacción
O portavoz de Rumbo 21, Jesús Varela, madrugou para estar aí e suliñou a importancia de continuar con accións reivindicativas ata lograr que o estaleiro de Perlío volva a producir.
As 11 da mañá abriuse unha Mesa de Actividades para nenos e nenas co artista ferrolán Eduardo Hermida. Os nenos-as participantes farán barcos de papel no que escribirán mensaxes. Ás 12 proxectase un audiovisual sobre o estaleiro de Fene. Ás 2 da tarde os que queran xantar no peche deben facerse cun bocata Ás 4 da tarde reanúdanse as actividades deste peche activo coa proxección do audiovisual montado para o Festival Xunt@s por Astano celebrado recentemente no paseo marítimo de San Valentín.
O peche incluen varios debates pola tarde. Ás 4,30 unha mesa con Rumbo 21, que modera o edil de Fene Edgar Vigo. Ás 18 horas outra con BNG e CIG e ás 7,30 a mesa con sindicalistas do momento da reconversión. Alfonso Tellado, Emilio Salorio, Pepe Díaz e Carlos Neira.
Ás 8,30 agárdase a intervención política de Xosé María Rivera Arnoso e do deputado Francisco Jorquera. O final será máis lúdico coa actuación de Los Fabulosos Cubatas de Focking Brothers. Ás 10 da noite pechase o acto cunha “acción sorpresa”.
radiofusion
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario