domingo, 11 de abril de 2010

Astano e as “axudas ilegais”

É necesario aclarar totalmente o asunto das axudas ilegais e para iso, hai que fixarse na frase da nota de prensa de Europa Press que indica (nos xornais é algo que se está obviando pero, podedes atopala enteira en Pórtico de Astano):

“El comisario de Competencia recuerda que en 2004 la Comisión declaró ilegales las ayudas públicas por valor de 864 millones de euros concedidas a Izar y ordenó al Gobierno recuperarlas de los astilleros beneficiarios.”
Desta frase é imprescindible fixarse nas palabras “astilleros beneficiarios” e é imprescindible porque tal e como se indica, cada estaleiro terá que devolver a súa parte de axudas recibidas e isto non o di Rumbo 21, isto é o que precisamente defendeu Joseba Aitor Echebarria Sáenz-Profesor titular de dereito mercantil da Universidade de Valladolid despois de facer un largo traballo por petición da Consellería de Industria do goberno bipartito para aclarar as axudas recibidas por Astano.

O profesor Joseba, nas Xornadas Técnicas e Estratéxicas sobre o Sector Naval que realizou Rumbo 21 hai practicamente un ano no Campus de Esteiro da Universidade da Coruña, esfiou punto por punto todas as axudas que foron concedidas polo goberno do estado (que sería a quen habería que devolverllas!!!) e neses datos de axudas para estaleiros, Astano non aparece nomeado en ningunha, excepto na que indica que Astano foi mercada xunto a Juliana, Cádiz,…, por parte da Bazán (creación de Izar) cunha axuda de 56 millóns de euros, que é a única das axudas que o estado non presentou desagregada por estaleiros para o seu posible estudio, pero que os datos económicos cós que se conta, demostran que Astano era a única desas empresas que non tiña un balance negativo e que, por tanto, “case seguro, 99,9% de posibilidades” tampouco recibiu axuda desta última.

Todos estes datos son moi importantes, xa que no fondo da cuestión está  subxacente a inxustiza de que pagamos xustos por pecadores, é dicir, falando claramente, novamente para o estado foi máis importante o número de votantes que ten Andalucía que o número de votos que se puideran obter en Galicia e ademais, contaron coa compracencia dos sindicatos nacionais que exerceron unha falsa defensa da empresa pública, xa que, se é a súa principal batalla,

¿por qué a toleraron en Juliana, Manises,…? Ten fácil resposta, porque a forza social e económica dos seus traballadores no seu entorno era moito menor e polo tanto, non significaría perder moitos votos, é dicir, cando non representes nada -camiño que estamos a seguir con Astano- xa faremos o que nos dea a gana. Todos eles, condenaron a Astano a dedicarse unicamente ao sector militar (nin sequera pode fabricar nese 20% de construción civil) e permitiron que sen embargo, empresas que si recibiran esas importantes cantidades en axudas ilegais, puidesen non so fabricar en civil, senón que a carga de traballo militar da Bazán de Ferrol se repartise con eles (Puerto Real).

Dende Rumbo 21 non lle desexamos baixo ningún concepto unha mala situación ao resto de estaleiros do estado e defendéndomos a solidariedade cós traballadores, pero o que si que temos claro e que non se pode permitir que nun lugar sempre obteñan tódolos beneficios (a pesares de ser os verdadeiros beneficiarios da axudas ilegais) e que na nosa esquina do mundo sempre se nos estea a infrautilizar e reconverter sen ningún tipo de futuro para as nosas comarcas e a nosa mocidade. Os datos de preto de 18000 parados e máis de 20000 mozos e mozas emigrados non nos van deixar parados ante algo de xustiza.

Por último, recordar que membros de Rumbo 21 cós datos expresados anteriormente, desprazáronse a Bruxelas para entrevistarse coa comisaria para a competencia que ocupaba ese cargo antes do nomeamento de Joaquín Almunia e ante as explicacións aportadas e o contexto de crise mundial, a súa resposta foi:

“entendo totalmente a súa reclamación coma algo xusto e dende a Unión Europea poderíamos atopar algunha saída ao problema, pero para iso, ten que ser o goberno do estado español o que nolo solicite”. O que non é de recibo é que agora, cun comisario español e un presidente español na Unión Europea, os datos se entreguen deste xeito amedrentador e non se continúe coa liña de traballo da comisaria anterior!!! Qué é o que pasa neste pais?!
Astano non debe nada ao Estado, é o Estado o que lle debe todo, é o Estado e nomeadamente o presidente do goberno o que ten que facer cumprir a súa palabra parlamentar e solicitar a fin do veto, basta xa de mentiras (Pepe Blanco dixo nas súas declaracións en Fene xusto o contrario do que agora ratifica Almunia: ninguén do goberno español púxose en contacto para solicitar a fin do veto).
Por favor, esquézanse de votos e póñanse a traballar, por que Rumbo 21 aí estará para pedir o que a Ferrolterra lle pertence, un estaleiro produtivo e un futuro para as súas xentes!!
Édgar Vigo.
PUBLICADO POR RUNBO21

http://oferrado.caamouco.net/?p=409=gl

No hay comentarios: