miércoles, 10 de febrero de 2010

Guillerme Vázquez, lembraralle a Zapatero o compromiso adquirido do veto de Navantia-Fene


Xornal de Galicia Marítimo Pesquero | Domingo, 07 Febrero, 2010 - 09:19


O portavoz nacional do BNG manterá mañá luns un encontro institucional co presidente do Goberno español
O primeiro encontro institucional entre o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e o presidente do Goberno do Estado, José Luis Rodríguez Zapatero, producirase mañá luns na Moncloa. Guillerme Vázquez presentaralle un dossier con medidas concretas para incluír na axenda galega da Presidencia semestral española na UE, de acordo cos compromisos adquiridos co BNG, tales como o levantamento do veto do estaleiro de Navantia-Fene e outras relativas ao sectores agrario e pesqueiro.

O líder do BNG lembraralle ao presidente do Goberno español a relación de medidas que benefician a Galiza acordadas tanto no Congreso dos Deputados, como no Debate do Estado da Nación e no Debate sobre Prioridades para a Presidencia española da UE, así como en distintas iniciativas parlamentares que impulsou a formación nacionalista.

Así, o dossier que lle entregará Guillerme Vázquez a Rodríguez Zapatero contén as propostas do BNG tendentes a garantir a viabilidade do sector lácteo galego, a necesidade de declaración de Galiza como zona altamente dependente da pesca ou a discriminación que supón o recorte de investimentos de Fomento comprometidos para o noso País, entre outros.

Ademais, no encontro introducirá o tema do recurso de inconstitucionalidade do Goberno central contra a Lei de Caixas, para facer valer a posición impulsada polo BNG a través do manifesto �Galiza ten dereito�, ao que se adheriron xa CC.OO., UXT, CIG, PP e Confederación de Empresarios de Galiza.
foto de Jacobo Aguilar

No hay comentarios: