jueves, 25 de febrero de 2010

Chamada á cidadanía para defender o motor de Ferrolterra, Navantia

Unha manifestación a finais de marzo reclamará a reactivación de Astano. Así o comunicou este mediodía en Ferrol a comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do sector naval. Rumbo XXI concretará nas próximas datas o dia de celebración da marcha.

“En defensa do emprego. Por un sector naval de futuro. Polo levantamento do veto, xa”. Ese será o lema da manifestación comarcal que se organizará nunha reunión aberta fixada para o 2 de marzo ás sete da tarde na Galería Sargadelos. Navantia continúa a ser o motor de Ferrolterra, segundo indicou esta mañá o profesor universitario e membro de Rumbo XXI Ramón Yáñez.

Os membros de Rumbo XXI foron moi críticos coas palabras do ministro de Industria relativizando a importancia de reactivar a antiga Astano. Tamén censuraron a inactividade de Rodriguez Zapatero como presidente da Unión Europea, a pesar do compromiso adquirido no Congreso dos Deputados.

RAmon Yañez


radiofusion.eu

1 comentario:

Anónimo dijo...

Porqué no es rentable el sector naval en ESpaña, primos?.