viernes, 13 de noviembre de 2009

A patronal de Ferrol defende a volta de Astano á construción civil


A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer) defende a volta da construción naval civil ao antigo estaleiro Astano, hoxe denominado Navantia Fene. A patronal da comarca afirma que “depende da ocupación de estaleiro, pero de calquera xeito nunca sería unha cifra desprezábel. Como exemplo, en 1972 había 6.000 empregados na empresa principal”. Ademais, os métodos de produción actuais, baseados na industria auxiliar, provoca que a construción de buques ou instalacións off-shore estendese a riqueza por moitas medianas e pequenas empresas, algunhas das cales hoxe están en situación crítica.

O antigo estaleiro de Astano, no concello de Fene, hoxe integrado no grupo público Navantia, constitúe un dos buques insignia da comarca. Unha prohibición da UE, que diversos grupos de cidadáns e políticos están intentando levantar, limita a produción que se pode levar a cabo e provoca que gran parte dos seus 755.000 metros cadrados de modernas instalacións non sexan utilizadas desde 2005.

Alianza coa patronal de Pontevedra

A localización do estaleiro aumenta o dramatismo de non poder aproveitar Astano ao 100%. A de Ferrol é unha das comarcas con máis problemas de Galicia no que respecta ao desemprego. Isto a pesar de que “as empresas desta comarca alcanzan a calidade máis alta no sector naval”, segundo pensan os responsábeis de Cofer. Un indicativo desta calidade é “o desprazamento dos noso enxeñeiros por toda España, especialmente cara empresas da provincia de Pontevedra, onde son moi ben recibidos por pola súa recoñecida experiencia”.

Algúns dos proxectos presentados por distintas organización para a recuperación de Astano inclúen a participación da patronal pontevedresa, en especial a da zona de Vigo. A ferrolá non considera unha ameaza o desembarco dos empresariado do sur, senón que indican que “recentemente estreitamos os lazos coa patronal de Pontevedra, deixando abertas todo tipo de portas dadas as evidentes similitudes industriais de ambas zonas”.
anosaterra.org

No hay comentarios: