Convertir os terreos ociosos da antiga Astano nun gran centro de reparacións navais. Esta é a proposta do PP para crear emprego no sector naval e que onte expuxo o candidato número cinco da formación, Diego Calvo. Os “populares” ven este proxecto como unha oportunidade en tempos de crise, posto que segundo as súas contas suporía dar traballo a máis de 2.000 persoas.
“O futuro non vai pasar po seguir construíndo ilimitadamente novos buque, senón por reparar os miles de barcos que surcan os océanos”, explicou Calvo.
Asi mesmo, este candidato do PP destacou os beneficios que este centro traería á industria auxiliar, “que é o que máis interesa á comarca”. Ao repecto, calculou nun 50% os ingresos por reparacións que irían para as empresas adxacentes, que ademais aportarían o 95% da man de obra, dixo.
Por outra parte, Calvo acusou ao Goberno de “deixar morrer a área de Turbinas do estaleiro”, comparando a situación actual da mesma coa que tiña antes de que Izar deixara paso a Navantia, en decembro de 2004. “Antes era unha área de negocio independente con máis de 1.100 empregos adicados á fabricación de aeroxeneradores, compoñentes da industria naval..., e agora pasou a ser un taller do estaleiro”, dixo. Calvo explicou que, sen embargo, outras fábricas semellantes que eran unidades de negocio en Cádiz e Cartagena seguen sendo independentes.
O candidato “popular” reiterou o compromiso do seu partido de recuperar estas actividades na ría de Ferrol, que sinalou como “unha das cidades de España onde máis se pagou a crise económica dos 90”, explicando que “agora o que pretendemos é que a actual crise non volva pegar sobre Ferrol senón intentar que sexa unha oportunidade para que a comarca saia máis reforzada”. Calvo culpou aos gobernos socialistas de Madrid e Galicia de incumplir os compromisos coa comarca. “Catro anos despois do Plan Ferrol non se fixo nada”, sentenciou.

1 comentario:
Estoy dudando entre dos carreras, y una de ella es navales. Aunque no tengo mucha idea del tema, me encantan los barcos, la construccion, el mundo de la obra...
Leyendo este blog, encontré una entrada en la que dice que no tiene salida. Yo normalmente escucho lo contrario, ya que al haber tan poca gente que lo hace (la superior hablo eh) , los cojen con facilidad. No es cierto?
Necesito ayuda, hago el selectivo en nada y tengo que decidir, agradecería su respuesta.
Gracias
Publicar un comentario