lunes, 1 de diciembre de 2008

O BNG reclama a volta da construción Civil a Navantia

O voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, pediralle ao Goberno central, a través dunha proposta que fará efectiva esta semana, o retorno 'urxente' da construción naval civil a Navantia-Fene, co fin de crear entre 3.000 e 5.000 empregos directos.

nxo Quintana avanzou a iniciativa logo da reunión mantida pola Executiva Nacional do BNG cun grupo de expertos co fin de estabelecer propostas programáticas e analizar a crise económica.

Segundo as conclusións deste encontro, a volta á construción de buques civís en Navantia-Fene é "necesaria" no actual momento económico de crise, xa que as perspectivas de creación de emprego poderían chegar até os 5.000 postos directos, aos que habería que sumar os da industria auxiliar.

O obxectivo da proposta é "deixar traballar" sen reclamar cartos, tendo en conta que xa existe a infraestrutura necesaria e a capacidade de expansión. Ademais, Anxo Quintana lembrou que se trata dunha reclamación de todas as forzas políticas galegas que se plasmou nunha proposición non de lei no Parlamento. A maiores, recalcou que "non hai ningunha lei" que o "prohiba", senón que se trata de "desfacer un pacto secreto" entre o Goberno estatal e a Unión Europea.

anosaterra.org

No hay comentarios: