Bruxelas, 3 Decembro 08.
No marco dunha visita a Bruxelas de distintos sectores produtivos galegos organizada polo BNG, un grupo de traballo mantivo hoxe un encontro co eurodeputado do PNV, Josu Ortuondo, membro da comisión de transportes, ao que lle trasladaron a necesidade de que a Comisión Europea levante os vetos “non escritos” que restrinxen a actividade produtiva do estaleiro de Navantia Fene, Astano.
A delegación galega estivo formada por Tomás Casquero Cimadevila, presidente do clúster do naval; Miguel Anxo Malvido Cabirto, secretario xeral da federación do Metal da CIG; e, por parte da Iniciativa lexislativa popular de Fene para recuperar as actividades produtivas no estaleiro acuden Jesús Esteban Varela Rivas e Manuel Polo Gundín. Así mesmo, acudiron por parte do BNG a congresista Olaia Fernández Davila e Ana Miranda, representante do BNG nas institucións comunitarias.
A este grupo sumarase mañá Fernando Blanco Parga, deputado no Parlamento Galego; para manter un encontro ás 10.00 horas co xefe de unidade adxunto para as Axudas de Estado á Reestruturación Industrial da Dirección Xeral de Competencia, Mehdi Hocine. Nesta reunión, a delegación galega levará directamente ante a Comisión Europea a súa demanda para recuperar Astano para a Construción Naval Civil
Agradecemento a Josu Ortuondo
Segundo Olaia Fernández Davila, a delegación galega vai “trasladarlle a Josu Ortuondo os nosos intereses en materia do sector naval, tendo en conta que Ortuondo ten presentado, desde a súa responsabilidade como membro da comisión de Transporte da Eurocámara, iniciativas a proposta do BNG en relación co sector naval, sobre todo no relativo a Navantia Fene”. A deputada nacionalista manifestou que “lle trasladaremos o noso agradecemento e así mesmo ímos pedirlle que continúe coa súa colaboración, que é de grande interese para Galiza”.
“A situación de crise na que nos atopamos fai que sexa máis necesario que nunca levantar o absurdo veto que impide que se activen entre 3.500 e 5.000 postos de traballo nunha comarca tan castigada como Ferrolterra”, sinalou Davila.
Esta viaxe a Bruxelas continúa a iniciativa presentada por Francisco Jorquera a semana pasada, na que lle reclamou ao presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, que defendese na UE “que o asteleiro de Navantia Fene volte a construir barcos civís porque podería absorber parte do desemprego que se xenera noutros sectores”.
Nesa liña, o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, aseguraba este luns que “o único que lle imos pedir a Madrid é que nos deixen traballar, porque no sector naval de Galiza existen empresarios con capacidade de expansión e internacionalización dispostos a traballar, así como traballadores cunha importante formación”.
http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_0661.html?uri=/BNG/global/seccions/portada/index.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario