sábado, 6 de diciembre de 2008

Coa crise ninguén discute facer barcos en Fene'

Fernando Blanco (Lugo, 1959) asegura que a crise debe afrontarse con decisións concertadas, con Europa e tamén co estado, pero que con máis poder político.

Recuperar Fene

No seu momento formulou a necesidade de recuperar Navantia para a construción civil. Agora semella que, coa crise, se rehabilita a reivindicación ante Bruxelas para levantar o veto.
Era a grande inxustiza. Nós defendiamos abrir Fene porque temos o máis importante: xente con formación, empresarios que saben do que se fala, Centros Tecnolóxicos, apostamos en bens de equipo e tiñamos un plan de ruta trazado. Necesitabamos un centro de reparacións e estamos niso e en abrir a construción civil en Fene para buques de determinada dimensión. Defendiámolo hai tres anos fronte a quen daba por enterrado o sector e nalgúns caso hoxe aparecen como adaís para asumir emprego doutros sectores en devalo. Estivemos moi sós defendendo aquela posición e agora podiamos estar traballando en Fene con carga de traballo até 2013.

anosaterra.org

No hay comentarios: