viernes, 5 de diciembre de 2008

Bruxelas recoñece que, se o Estado español o solicita, pódese revisar o veto a ASTANO


Bruxelas, 4 decembro 08. Un grupo de representantes do sector naval, que formaba parte da delegación galega que acudiu a Bruxelas convidada polo BNG, mantivo hoxe unha reunión con Mehdi Ohcine, xefe de unidade adxunto para as Axudas de Estado para a Reestructuración Industrial da Dirección Xeral de Competencia da UE. Formaron parte da delegación Jesús Estaban Varela Rivas e Manuel Polo da iniciativa lexislativa popular de Fene para recuperar ASTANO, e Miguel Malvido, secretario xeral da Federación do Metal da CIG.

Por parte do BNG estivo Fernando BlaNco Parga, deputado do BNG responsábel da sección de industria no Parlamento Galego quen asegurou que “o señor Ohcine entendeu as nosas demandas e asegurou que eran xustas”.

“A situación parte dun acordo que se negociou co Goberno do Estado no que a UE argumenta que IZAR recibiu en torno a 1.000 millóns de euros de axudas ilegais. Nós pedimos que se cuantifiquen as axudas recibidas polo estaleiro de Fene porque consideramos que as axudas foron a outros estaleiros e non a ASTANO”, asegurou Fenando Blanco.

Segundo o representante do BNG, “Ohcine recoñece que o tema é complicado pero que se o Estado español o solicita podería reabrirse o expediente. Déixase unha porta aberta a volver falar do tema e non dalo por morto”.

“Ligando esto ás recentes declaracións do presidente Zapatero en resposta a unha pregunta do BNG nas cales afirmaba que era un bó momento para volver negociar o tema, pedimos que isto se cumpra”, asegurou o deputado do BNG tras a reunión.

Neste sentido, Fernando Blanco Parga considerou que “pensamos que o esforzo non debería ser só por parte do BNG, senón que o Goberno do Estado debería asumir a responsabilidade de vir aquí e manter un calendario de reunións coa Comisión Europea”.

Por último, o parlamentario do BNG afirmou que “a nós o que nos interesa é mirar para adiante, e se hai unha mínima posiblidade de reabrir o tema, o BNG estará aí. Non se poden ter estes activos parados, Ferrolterra e Galiza precísanos”.

bng-galiza.com

1 comentario:

Anónimo dijo...

boas, tes un blog moi interesante. Gustaríame contactar contigo, son xornalista, déixoche o meu mail (se non che importa) para poder comentarche algunhas cousas

Unha aperta


liara_zeibe@hotmail.com