Terra Galega Ferrol non participará na manifestación do día 23 polos seguintes motivos:
-Plan industrial para Astano. ¿A favor ou en contra de qué plan nos imos manifestar, do PSOE, do PP ou do BNG? ¿De todos á vez? ¿De ningún?
-Normalmente toda manifestación é para reclamar algo a alguén. Os do PSOE e BNG ¿reclamarano á Xunta? ¡Se gobernan eles! ¿Os do PSOE ao Goberno Central? ¿Os do PP ao que non fixeron en tantos anos de goberno? Isto é unha marfallada en que van todos xuntos os raposos e as galiñas. ¡Pobres galiñas!
-Que Astano volva facer barcos que é o seu e, para empezar e en espera do ano 2015 (data na que finaliza a prohibición de construción civil), construír polo menos un dos buques de proxección estratéxica contratados por Australia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario