Artigo 1.
O sector naval de Galiza, entendendo por tal o conxunto de empresas que teñen por obxecto a construción, reparación e transformación de buques e outros artefactos flutuantes e as súas actividades auxiliares, constitúe, nos termos estabelecidos pola presente Lei, un sector produtivo estratéxico para a economía de Galiza.
Artigo 2.
A Xunta de Galiza, no ámbito das súas competencias e de conformidade coa normativa estatal e comunitaria de aplicación, estabelecerán programas específicos de fomento do sector naval nos ámbitos que a seguir se relacionan:
o A investigación, o desenvolvemento e a innovación.
o A formación profesional.
o O ordenamento urbanístico, en especial o dos espazos portuarios.
o As axudas á construción e reparacións navais.
As axudas á exportación e internacionalización.
Artigo 3.
Alén das que especificamente se estabeleceren nos diferentes programas de axudas da administración autonómica, a Xunta xestionará en Galiza, previa territorialización das mesmas, as axudas estatais e europeas ao sector naval no marco das súas competencias.
Artigo 4.
De conformidade co estabelecido no artigo 55 do Estatuto de Autonomía, a Xunta de Galiza:
1. Negociará co Estado a súa participación directa na xestión das empresas públicas estatais integradas no sector naval de Galiza e que, pola súa natureza, non podan ser obxecto de traspaso.
2. Negociará co Estado o traspaso dos activos dos que as empresas estatais integradas no sector naval de Galiza sexan titulares e que non estean sendo aproveitados para a construción, reparación ou transformación de buques ou outros artefactos flutuantes.
Artigo 5.
A Xunta de Galiza oirá aos sindicatos rn1áis representativos, ao clúster do naval e á plataforma tecnolóxica do naval no proceso de definición das medidas de aplicación e no impulso dos proxectos de
desenvolvemento desta Lei.
Disposición Final 1
De conformidade co estabelecido no artigo 4, a Xunta de Galiza desenvolverá as actuacións precisas para lograr a volta das instalacións do estaleiro de Navantia no Concello de Fene á construcción naval civil.
Disposición Final 2.
Esta Lei entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario