O voceiro parlamentar do BNG reclamou que, nunha época de crise, o Estado axude a levantar o veto contra a construción naval civil en Ferrolterra. “Nun intre no que se están dando axudas públicas ás empresas privadas, como son os bancos, parécenos incríbel que o estaleiros de Fene, un dos mellores de Europa, non poidan construír buques civís”, argumentou Carlos Aymerich.
Permitir que Navantia poida expandir a súa actividade á construción civil é o obxectivo final dunha das propostas de resolución do Bloque no fin do Debate do Estado da Autonomía, que ten lugar este serán no Parlamento. Os nacionalistas buscan que a Xunta meta máis presión ao Estado para que tente levantar o veto da Unión europea.
http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&&id_nova=15762
No hay comentarios:
Publicar un comentario