martes, 25 de noviembre de 2008

LA (AIPF) UNHA MASCARADA RIDÍCULA


Non foi a climatoloxía adversa da mañá do 23 de novembro a que mollou ás entidades que conforman a asociación impulsora do plan Ferrol, máis ben, foi o exiguo respaldo que recibiu a súa reivindicación a pesar da súa orquestrada campaña e a súa busca de adhesións, a realidade, é que os concentrados no peirao de Curuxeiras non acadaban os 500 manifestantes, por tanto os promotores deste desastre (Señores Cruz , Abelleira, Pintos, etc.), á vista dos feitos deben proceder en consecuencia e abandonar de inmediato a súa pertenza en publico exercicio coa autodisolución da (AIPF), que en síntese non cumpre outra función que a de parapeto do goberno do partido socialistas ( PSOE) e cuxo interese pola comarca é de sobras coñecido. Pero aparte do sonoro fracaso do evento, con todo, resulta cando menos positivo a madurez da cidadanía que tomou cumprida lectura dos “chiringuitos” que o executivo do estado vén utilizando como fórmula de evadir as súas responsabilidades coa comarca, pois como queda demostrado, para a maioría dos habitantes, o Plan Ferrol é outro dispositivo de engano, como no seu día foino a ZUR , ZID, etc., e esta conclusión que a parte de vir referendada pola realidade do feitos, refórzao a participación na manifestación de destacadas estrelas de universo socialista como son, o sen igual alcalde de Ferrol e o seu homónimo e celebérrimo alcalde o Fene, que facendo un alarde de rigor e consecuencia coa súa presenza no acto, simulan plantarlle cara ao executivo de Zapatero, é dicir, unha nova versión da Divina Comedia, o que ocorre neste caso é que o autor non é Dante Alighien senón un aprendiz de bruxo lucense denominado Pepiño Blanco....pero a verdade é que a representación resultou antolóxica!

O presidente da Cámara de Comercio, Sr Cruz, que á súa vez exerce de presidente de quenda da AIPF, é por conseguinte a tempo presente o responsable máximo do fracaso desta odisea, e conta entre as súas fazañas coa desafortunada decisión de vincular a pertenza do ente cameral a este armazón a través dun exercicio de dubidosa lexitimidade, claro que a partir da data, terá que responder ante os asociados das razóns que ampararon a súa nefastas determinación e o porqué da mesma, cando as propias cámaras de comercio teñen resortes e fortaleza suficientes para promover a defensa dos intereses dos seus asociados sen necesidade de establecer anómalos procedementos nin alianzas atípicas que máis beneficiar a súa imaxe corporativa prexudícana. Por tanto, son de agardar as xustificacións convincentes, en evitación a ter que pensar que alguén é presa do endeusamento e que o seu credo ha terse asumido como un acto de fe.

Pero retomando os feitos, en orixe é completamente inaudito que os conformantes da Asociación Impulsora do Plan Ferrol renunciasen a preferenciar como reivindicación estrela o levantamento do veto que pesa sobre o estaleiro de Fene, pero un análise de súa composición, achega razóns de vidro transparente, tendo en conta que dentro da referida asociación conviven posturas encontradas con tendencias políticas dispares, existindo asemade sectores que deben súa responsabilidade á obediencia gregaria dos seus superiores orgánicos, e entendible que no non queiran apoiar esta demanda, por canto eles mesmos son responsables directos da actual situación, ao referendar coa súa firma a defunción de Astano, e iso, é un argumento mais que suficiente para cuestionar a funcionalidade desta plataforma que de orixe naceu impedida e por tanto exenta de funcións locomotoras, a mágoa é que outros se presten a cumprir a función de muleta.

Por este motivo, ao conto de pita cega, os cidadáns da comarca téñenlle apatía, como quedou demostrado este domingo de novembro, e por se non se deron conta, coa súa ausencia enviáronlles unha mensaxe que lles resumo por se non saben ler entre liñas “Antes de pedir nada novo, devólvanlles o que lle quitaron, e iso chámase Astano”.

E evidente que os aludidos poden poñer réplica ao exposto, pero conten que o autor no estraga pólvora en salvas.

2 comentarios:

josemaria da poza dijo...

A MANIFESTACIÓN DO DIA 23

A cidadanía de Ferrolterra deulle as costas aos sindicatos oficiais, aos empresarios, aos alcaldes, aos deputados e senadores e aos seus partidos agás o Bng, que descolgouse a última hora, ainda que continuou o seu sindicato comprometido coa AIPF. Non lles serviu de nada que os medios de comunicación se volcaran en apoio da convocatoria e silenciaran ós que se manifestaron criticos coa convocatoria, ate o punto de que incluso a Voz de Galicia retirou da súa Web o debate sobre a oportunidade da convocatoria, ao aparecer opinións en contra.

Nin lle sirviu de nada á AIPF botar preto de dous meses preparándoa, recabando o apoio de todo aquel que se lle poñia a tiro e derrochando unha morea de cartos para súa convocatoria nos últimos días poñendo parcantas, repartindo panfletos e facendo megafonía por toda a Comarca.

Tan só o sindicato USTG, mostrouse desde un primeiro intre crítico decindo verdades como puños. Destaco estes dous párragrafos dun artígo do seu Secretario Comarcal remitido aos medios a primeiros de outubro, cando se fixo pública a convocatoria porque os presupostos do estado non contiñan partida algunha para levar o tren a caneliñas, e silenciado practicamente na súa integridade:

“Que consecuencias pode ter unha manifestación que se levará a cabo despois de que estea aprobado polo pleno do Congreso dos Deputados o proxecto dos Presupostos Xerais do Estado, previsto entre o 11 e o 13 de Novembro?. Non sería mais adoitado mobilizarse antes do debate á totalidade en comisión previsto para o 21 e 22 de outubro, para introducir cando menos emendas que teran de prazo para se presentar ate o día 24 dese mes?”

“Verdadeiramente os ferroláns e ferrolás, non nos merecemos os dirixentes que temos que nos chaman a manifestarnos en contra deles mesmos, contra dos partidos e as institucións que eles mesmos gobernan, iso sí cos nosos votos.... realmente é kafkiano. Alguén recorda a Paco Vazquez convocar unha manifestación para conseguir todo o que quixo, incluíndo un porto onde niguén, no su san xuizo, o faria.”

Coido que a cidadanía de Ferrolterra, fixo as mesmas reflexións que este sindicato minoritario que todos ningunean e mandoulles o recado aos integrantes da AIPF de que non poden tomalos por tontos, pois non é serio convocar á cidadanía en vano e moito menos que na convocatoria participen todos os responsábeis da causa que se di que a motiva.

administrador dijo...

Si tras varias manifestaciones de más de 5000 personas en los años 80,no se consiguío nada,y al final se desmanteló el naval.

¿Que se va a conseguir ahora?.
¿Que se va a cambiar?.

Ha pasado igual que en la política.Todos han ganado las elecciones.LA manifestación fue un éxito....