viernes, 28 de noviembre de 2008

El presidente afirmó que es un buen momento para plantear a la UE la vuelta de Navantia-Fene a la construcción civil


Entre las propuestas planteadas, el portavoz del BNG, Francisco Jorquera, reclamó a Zapatero que defienda en Bruselas que se levante la limitación que impide -por supuesta percepción de ayudas públicas- recuperar el astillero de Fene para la construcción naval civil. Jorquera subrayó que este sector ofrece muchas posibilidades para absorber parte del desempleo que se está generando.

Zapatero acogió positivamente la iniciativa nacionalista -Jorquera también pidió un nuevo reparto de la cuota láctea-, afirmando que el actual es un buen momento para plantear una «nueva ofensiva» en la UE sobre este asunto, algo que: «Vamos a intentar»

lavozdegalicia.es

Zapatero: É o momento apropiado para Navantia Fene

“E un momento apropiado para plantexar unha nova ofensiva sobre Navantia Fene, que desde logo vamos a intentar”. Son palabras do presidente do Goberno Rodriguez Zapatero (PSOE) no Congreso dos Deputados. Escoita aqui as palabras do titular do executivo.

O presidente respostaba así ás peticións do deputado do BNG Francisco Jorquera quen sinalou que a reactivación do estaleiro de Fene podería absorber parte do desemprego que se xenera noutros sectores. Segundo o parlamentario nacionalista é xusto recuperar a antiga Astano para a construcción naval civil. Manifestábao así o deputadoi.

Precisamente o vindeiro luns máis de 50 entidades de Ferrolterra celebrarán na Feira de Mostras de Ferrol unha asamblea para impulsar unha iniciativa lexislativa popular demandando a potenciación do estaleiro de Fene. Anuncian que recollerán 15.000 asinaturas reclamando a posibilidade da construcción naval civil na antiga Astano.

radiofuson.eu


XORNAL.COM I Madrid.- O Presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, comprometeuse co portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, a “plantexar unha nova ofensiva” na UE para que o asteleiro de Navantia Fene retorne á construción naval civil.

Na súa intervención no Pleno monográfico sobre a economía, celebrado onte á tarde na Cámara Baixa, Jorquera facía, entre outras, unha proposta ao Presidente do Executivo para enfrontar a crise económica e absorver postos de traballo.”Defenda na UE que o asteleiro de Navantia Fene volte a construir barcos civís porque podería absorver parte do desemprego que se xenera noutros sectores”.

O Presidente do Goberno asegurou ao deputado do BNG que terá en conta o requerimento dos nacionalistas galegos e admitiu que é un momento propicio para voltar a pór enriba da mesa da UE ese tema. Zapatero afirmou que “tomo nota das dúas cuestións que plantexa e que afectan de maneira concreta á UE. O tema recurrente dos asteleiros de Fene, que vosté sempre pón enriba da mesa, seguramente é un momento apropiado para plantexar unha nova ofensiva que, desde logo, imos intentar”.

Neste sentido, o portavoz nacionalista manifestou hoxe a súa satisfacción polo compromiso adquirido por Zapatero e subliñou que o BNG traballará no Congreso para que se concrete: “Congratulámonos do compromiso do Presidente do Goberno sobre Navantia Fene e anunciamos que presentaremos iniciativas parlamentares para que esta acción se concrete”.

Outra das propostas que formulou o deputado do BNG respeito a Galiza, tiña relación co sector do leite. Jorquera demandou ao Presidente do Goberno que defenda na UE un sistema de cotas lácteas xusto para Galiza.
Tamén asegurou Zapatero “tomar nota deste requerimento” aínda que sinalou que a Ministra de Medio Rural está a traballar “na dirección máis apropiada para os intereses dos nosos gandeiros e dos gandeiros de Galiza”.

xornal.com


No hay comentarios: