miércoles, 12 de noviembre de 2008

Bruxelas concederá 5,5 millons de euros a un estaleiro alemán semellante ao antigo Astano

GZnación / Redacción / 13 Feb 07
A Unión Europea concederá unha axuda ao estaleiro alemán Volkswerft Stralsund para modernizar a súa produción e axudar ao desenvolvemento dunha zona xeográfica economicamente deprimida. Esta bolsa ascende a 5,5 millóns de euros. Stralsund é un caso semellante ao de Ferrolterra. Trátase dunha zona xeográfica economicamente desfavorecida e que padece una alta taxa de desemprego. O estaleiro alemán conta cunha capacidade produtiva semellante á existente en Ferrol e ambos eríxense como a fonte máis importante de emprego para as súas respectivas comarcas. A día de hoxe en Ferrolterra produce 4.000 postos de traballo.O estaleiro alemán contará tamén cunha axuda por parte do seu goberno de 4,2 millóns de euros, e con isto, Stralsund pasará de construir buques dun máximo de 290 metros de eslora e 7,5 metros de calado, a buques de gran calado, tipo Panamax (294.13 metros de eslora, 12.04 de manga e 32.31 de calado), ao igual que pretende o plano da Xunta e Hijos de J. Barreras para reactivar Fene. Actualmente o caso de Ferrolterra encóntrase nun difícil proceso dada a oposición da SEPI. A Xunta propón un plano para construír barcos civís de gran calado tipo panamax, como no caso alemán, pero tamén metaneiros e gaseiros, ademais de plataformas off-shore.
Á espera
Asemade, o conselleiro de Innovación e industria, Fernando Blanco segue á espera de que a comisaria de Competencia da Comunidade Europea, Neelie Kroes, acepte recibilo para lle expor o plano de Barreras e esclarecer así as dúbidas que propician o veto de Europa ao proxecto galego deseñado para Fene.

No hay comentarios: