lunes, 13 de octubre de 2008

Blanco: “Seguiremos a librar a batalla por recuperar Astano” octubre 2008


Fernando Blanco Álvarez (Lugo, 1959; casado: dous fillos; supervisor de loxística en excedencia de Teléfonica; militante do BNG; conselleiro de Innnovación e Industria do Goberno galego) non descarta seguir librando a batalla porque Astano volva construír buques, aposta porque o sector naval dea un salto cualitativo á produción de bens de equipo para o propio sector e garante que o modelo de repartición das licenzas en enerxía eólica é transparente.

Vostede segue coa teima de recuperar Astano para a construción de buques?
_ O tempo veu demostrar que eu tiña toda a razón do mundo. O sector naval, que algúns querían enterrar, aí está, e necesita man de obra, 2.000 traballadores, que xa se están reconvertendo. Astano permitiríanos entrar na construción de barcos máis grandes. Nós sabemos de mar e de facer barcos; temos man de obra cualificada, políticas de I+D+i que nos permitirían dar un salto tecnolóxico e empresarios que coñecen o seu oficio. Como é posible que Astano estea caendo de vello, cando agora mesmo teriamos 12 buques para construír alí, cunha carga de traballo para 4 ou 5 anos?

_ Que se pode facer para que Bruxelas cambie de postura?
_ Ten que mudar a posición do Estado: é necesaria a complicidade do Goberno socialista. Seguiremos librando esa batalla.




No hay comentarios: