viernes, 22 de agosto de 2008

Ivan Puentes ,alcalde de Fene, sobre Astano


Ivan Puentes, Alcalde de Fene
2007

-“o BNG de Fene leva anos usando de xeito partidista e electoralista a situación de ASTANO”.

-Eu non creo que a privatización solucione nada, creo máis ben que a solución pasa por cumprir o acordo asinado entre o Goberno e os traballadores hai dous anos.

-A superficie que ocupa ASTANO está infrautilizada; cos 300 e pico traballadores actuais o astaleiro ocupa a mesma superficie que cando empregaba a máis de 10.000 persoas. Neses terreos, rodeados de peiraos de atraque e, polo tanto, cunhas posibilidades industriais tremendas,

-A peaxe a pagar para seguir sendo uha factoría do Estado foi o veto imposto pola U.E. ata 2015, que limita a actividade civil do estaleiro.

-Seguimos empeñados en facer barcos e, peor aínda, en facer só barcos.

-En definitiva, o de Barreras hai que exploralo para ver se é viable legal e empresarialmente, pero
¿Por que temos que xogar todo a unha carta podendo ter outras posibilidades? Sondeemos varias para que ó final, polo menos, se materialice unha.
O proxecto de Barreras implica anular Astano. Polo tanto, se privatizamos Navantia Fene ó máximo que podemos aspirar é a desvestir un santo para vestir outro, a substituír unha empresa a medio gas por outra que traballe.
Eu prefiro pelexar por incrementar o traballo da que está a medio gas, mantela e crear novas empresas compatibles

No hay comentarios: