domingo, 4 de mayo de 2008

Posibilidad de vuelta de Astano a la construcción civil abril 2008



Número 541 VII lexislatura 24 de abril de 2008




O Grupo Parlamentario Popular de Galicia a través do
seu Portavoz e a iniciativa dos deputados Ángel Bernardo
Tahoces, Diego Calvo Pouso, Marta Cerdido Pintos, ao
abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición
non de Lei para o seu debate en Pleno.

Exposición de Motivos:



Os tres Grupos políticos deste Parlamento, en
múltiples ocasións e dun xeito unánime, téñense
pronunciando sobre a necesidade de que a Xunta de
Galicia demande do Gobernó central a realización das
xestións oportunas para superar as limitacións actuáis á
construción naval civil nos estaleiros galegos de Navantia
.


Asemade, tense solicitado que se dote ao Centro
Navantia-Fene dun proxecto industrial que garanta o seu
futuro e que permita dotar de ocupación o seu cadro de
persoal, ante a existencia de contratos para a construción
civil e a realidade das instalacións existentes.


As tres forzas parlamentarias coinciden na
necesidade de poner en marcha iniciativas políticas para
potenciar o sector naval galego e evitar novas
reconversións.


O Congreso dos Deputados rexeitou, o pasado 27 de
febreiro do 2007, unha moción do BNG na que se instaba
ao Gobernó a renegociar coa U.E. o acordó sobre o futuro
de Navantia-Fene para que o estaleiro non se limitase á
actividade militar, senón que os seus activos ociosos
puideran ser privatizados dun xeito transparente e así ter
opción de volver á construción naval civil.



En termos xerais, esta proposta perseguía que se
dialogase coa Xunta de Galicia para buscar a viabilidade da
posta en funcionamento dos activos ocios ñas instalacións
do estaleiro de Fene, de xeito que fora posible desenvolver
as súas potencialidades para a construción naval e civil.


Con data 23 de marzo do 2007, a responsable
europea da Competencia, Neelie Kroes, ratificou que ata o
25 de maio do 2015 os estaleiros de Navantia-Fene teñen
prohibida calquera construción civil, independentemente de
cal sexa a súa estrutura de propiedade, xa que para elo
terían que devolver as axudas ilegalmente recibidas.


Así figura na resposta da Comisaria aos deputados
nacionalistas Ignasi Guandáns e José Ortuondo, a unha
pregunta formulada a petición do BNG.
Na resposta, a Comisaria lembraba que a Comisión
decidiu no 2004 que a axuda de estado á antiga Izar por
importe de 864 millóns de euros non respectaba as normas
comunitarias, polo que esta cantidade debería ser devolta.


Sen embargo, España invocou un artigo do tratado da
U.E. que permite a un estado membro tomar medidas para
a protección dos intereses esenciais da súa seguridade e
que se refiren á produción ou ao comercio de armas,
municións ou material de guerra.
Tratábase, de recuperar as actividades de construción
naval militar e evitar un desenlace fatal para Izar como
consecuencia da devolución da axuda estatal.


A resposta da Comisaria apuntaba tamén a que, tras
manter negociacións coa Comisión, España acordou unha
serie de medidas e compromisos, que incluían a obriga de
que Navantia limitase a súas vendas civís a un máximo do
20% das vendas totais medias durante calquera período de
tres anos.


Os compromisos ofrecidos por España son válidos
durante un período de 10 anos polo que, ata o 25 de maio
do 2015, os estaleiros afectados teñen prohibida calquera
construción naval civil superior ao límite do 20%,
independentemente de cal sexa a estrutura de propiedade,
sinala a resposta.


Parece, conclúe a resposta da Comisaria, que o paso
de Fene da produción militar á civil non pode disociarse da
devolución das cantidades en cuestión por parte de Fene e
de Navantia.


O pasado 8 de abril, novamente, a comisaria da
Competencia, Neelie Kroes, respondendo a unha pregunta
formulada polo eurodeputado do PP, Daniel Várela, reiterou
que o estaleiro de Navantia Fene se pasara a construir
buques civís antes do ano 2015
terá que devolver as
subvencións ¡legáis concedidas polo estado, xa que se
incumpren os termos do acordó que Bruxelas pactou co
gobernó Español para autorizar a reestruturación de Izar.


Ante estas respostas dadas pola señora Kroes,
resulta obrigado lembrar que tras a presentación do Plan
Barreras, impulsado pola Consellería de Industria, para que
as instalacións sen uso do estaleiro de Perlio dedicárase á
construción naval civil. A SEPI, dona do estaleiro, rexeitou a
oferta argumentando que implicaría a devolución de tódalas
axudas declaradas ¡legáis, resposta coincidente coa da
Comisaria europea.


O artigo 5 punto tres do Tratado Constitutivo da
Comunidade Europea, dispon:
Ningunha acción da Comunidade excederá do
necesario para alcanzar os obxectivos do presente Tratado.



Este precepto consagra o principio de
proporcionalidade, que regula o exercicio das
competencias da Unión Europea. A súa finalidade é limitar e
enmarcar a acción das institucións da Unión. En virtude
desta norma, a accións das institucións debe limitarse ao
necesario para alcanzar os obxectivos dos Tratados.


Noutras palabras, a intensidade da acción debe gardar
proporción coa finalidade perseguida.
Todo isto significa que, cando a Unión ten a súa
disposición varios modos de intervención, debe seleccionar
o que, a igual eficacia, deixa máis liberdade aos Estados
membros e aos particulares.


Na súa consecuencia, si o Executivo comunitario
chegase a reclamar as axudas, por unha hipotética
vulneración da prohibición da construción naval civil polo
estaleiro de Navantia en Fene, en base o devandito


Principio de Proporcionalidade, soamente podería
reclamar as axudas recibidas polo estaleiro de Fene, e non
polo montante total.


É de significar que nos expedientes comunitarios, non
existe ningunha reclamación expresa sobre a antiga
ASTANO, a diferenza doutros estaleiros.


Cabe igualmente subliñar, que sumadas a facturación
das plantas civís e as militares de Navantia, a Comunidade
Galega representa en torno ao 9% da cifra total do negocio
naval europeo, unha contía, aínda, moito máis relevante si
se ten en conta que se trata dunha actividade que en
Europa da traballo a preto de 145.000 persoas de xeito
directo en máis de 240 factorías, mentres que en Galicia
contabilízanse 10 estaleiros de tamaño pequeno-medio e
globalmente uns 10.800 traballadores.
O crecemento do peso da industria naval galega no
consonte da U.E. ten sido especialmente significativo


durante o pasado ano, cun incremento de case dous puntos
porcentuais sobre o 2006.
No ano 2007 o 30% dos visados outorgados polos
colexios de enxeñeiros navais e oceánicos de España
déronse en Galicia.


Como conclusión de todo o exposto, Galicia non pode
renunciar a que Fene volva á construción civil. Este
estaleiro ten unhas instalacións moi valiosas, cun fronte de
mar que son moi escasas en España
.


Ao que hai que engadir un Know Howadquirido durante xeracións.
Por todo o exposto o Grupo Parlamentario Popular
entende que o Parlamento de Galicia, unha vez máis, debe
tratar a posibilidade de que Navantia Fene poda
desenvolver actividade civil
, polo que os deputados que
asina esta iniciativa presentan a seguinte proposición non
de Lei en Pleno:


O Parlamento insta á Xunta de Galicia a que demande do Gobernó do Estado que se inicien de inmediato conversas coa Unión Europea coa finalidade de levantar a prohibición de construir buques civís no estaleiro de Navantia en Fene.


Santiago de Compostela, 16 de marzo do 2008



Tratado Constitutivo de la Comunidad Europea.
PRIMERA PARTE.PRINCIPIOS

La Comunidad actuará dentro de los límites de las competencias que le atribuye el presente Tratado y de los objetivos que éste le asigna.

En los ámbitos que no sean de su competencia exclusiva, la Comunidad intervendrá, conforme al principio de subsidiariedad, sólo en la medida en que los objetivos de la acción pretendida no puedan ser alcanzados de manera suficiente por los Estados miembros, y, por consiguiente, puedan lograrse mejor, debido a la dimensión o a los efectos de la acción contemplada, a nivel comunitario.

Ninguna acción de la Comunidad excederá de lo necesario para alcanzar los objetivos del presente Tratado.

No hay comentarios: