domingo, 4 de mayo de 2008

PARLAMENTO DE GALICIA 27 de xullo de 1995



Ten a palabra, en primeiro lugar, o señor Cortizo
Nieto polo Grupo Parlamentario Socialista, deputado
representante do grupo de deputados solicitantes.


O señor CORTIZO NIETO:



Hai poucos días foi proposto un Plan Estratéxico
de Competitividade para o sector naval no que se in
clúe a reducción drástica de persoal en ASTANO e a
privatización de Barreras.


En definitiva, propón unha diminución da capacidade de producción da industria naval galega e formula problemas que atinxen a miles de familias deste país e á súa economía.


Non é cuestiónde entrar polo miúdo no contido do plan, pero si
é cuestión de dicir que non é suficiente manifesta-lo
rexeitamento do plan. Non é suficiente desde a autonomía deste país con entregarlle ó presidente do Goberno un par de folios de rexeitamento.


Non hai ningún compromiso internacional que nos obrigue a reduci-la capacidade da industria naval en Galicia.


DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA
Número 67 IV lexislatura Serie Pleno
27 de xullo de 1995

No hay comentarios: