lunes, 24 de marzo de 2008

Parlamento gallego:TOURIÑO a favor de vuelta de ASTANO al sector civil.



Número 72 DIARIO 14 de marzo de 2007
DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA
Diario de sesiones del parlamento de Galicia:

Pregunta ao presidente da Xunta de Galicia de D. Carlos
Ignacio Aymerich Cano, do G. P. do Bloque Nacionalista
Galego, sobre as accións previstas para asegurar a construción
naval civil na ría de Ferrol:


Ten a palabra o señor presidente da Xunta.
O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Pérez Touriño):
Si, gracias, señora presidenta.
Señorías.

Señoría, efectivamente onte nesta Cámara, a petición
propia, compareceu o Goberno da Xunta de Galicia, o conselleiro
de Industria e Innovación. E compareceu para dar
conta da situación e do traballo, xustamente da axenda de
traballo do Goberno da Xunta de Galicia en relación con este
tema que nos preocupa. Coido que a comparecencia foi
inequívoca, clara e contundente en relación con cal é a axenda
de traballo e a posición do Goberno da Xunta de Galicia
nesta materia.
Quero que as miñas primeiras palabras sexan para agradecer,
sen dúbida, a coincidencia de criterios e o apoio
expresado nas distintas posicións no debate da Cámara onte
ao obxectivo común e compartido de recuperar a construción
civil naval na ría de Ferrol.
Eu quero ser firme, claro e contundente, tamén inequivocamente
nesta dirección. A volta á construción e á reparación
de todo tipo de buques, á construción civil naval na ría
de Ferrol, non é só –que tamén o é– unha cuestión de xustiza
histórica senón que ademais derívase de algo que a
Xunta de Galicia, como defensora dos intereses estratéxicos
deste país, non está en disposición nunca de renunciar nin de
querer renunciar, que a defensa deses intereses é dun sector
básico para este país como é a construción naval civil.
Polo tanto, o Goberno que presido non vai a renunciar
nin ahora nin nunca a todas as posibilidades de desenvolvimento
dun sector estratéxico. E o noso compromiso e o que
estamos a facer é facer todo o posible, todo o que cremos
politicamente posible, para materializar e concretar ese
obxectivo nacional. Esta é a posición política que quero deixar
sentado con contundencia e con claridade; a partir de aí,
deriva todo o demais.
Sabemos que a posición que mantemos parte dun análisis
serio, consistente, e solvente. ¿Cal é ese análisis? De que
teñen mudado as circunstancias, e, polo tanto, debemos de
ter capacidade de reacción e de adaptarnos a esas novas circunstancias
e facer que a Unión Europea o entenda, e a partir
de aí podamos desbloquear unha situación.
¿Que ten mudado? Que hoxe hai unha demanda mundial
relevante no campo da construción naval. Que estamos
nunha situación de fomento do tráfico marítimo, de crecimento
do tráfico marítimo e de crecimento da demanda do
sector naval. Que hai uns prezos razonables e que apoian
este crecimento. Que hai asteleiros galegos que teñen un
nivel de pedimentos alto, que hai tecnoloxía, que hai capacidade
e que hai ofertas precisamente para traballar dende
o ámbito privado no sector da construción civil. E, polo
tanto, tanto desde o punto de vista de demanda como do
punto de vista de oferta, hai condicións. É máis, corremos
o risco hoxe de que teñamos que levar produción naval
industrial fóra da comunidade autónoma, como de feito se
está a plantear xa dende os propios ámbitos empresariais.
Neste contexto, nun país que sabe facer, que ten [...] acumulado
nesta materia, que ten, polo tanto, posibilidades, a
Xunta de Galicia, sabendo que existen instalacións ociosas
xustamente en Fene, e a partir dun proxecto nacido da iniciativa
privada, estamos en condicións de plantexar este proxecto,
de defender este proxecto, e tratar de vializalo ¿Donde?
¿Como? En primeiro lugar, en relación co Goberno de España
e, en segundo lugar, en relación coa Unión Europea.
Esta é a axenda de traballo na que estamos comprometidos.
Se trata de viabilizar este proxecto. Se trata de ganar a
batalla deste proxecto. Se trata de ganala no contexto en que
temos que ganala, coa Unión Europea, porque non é posible
viabilizala se non é no marco da normativa comunitaria. E,
polo tanto, lles podo decir que esta é a tarefa inmediata na
que estamos comprometidos e que está a desenvolver o conselleiro
de Innovación e Industria.

Si, para reafirmar que dende a Xunta de Galicia non
estamos pechando portas senón abrindo xustamente as portas
ao futuro de Ferrol e Ferrolterra; que a alternativa que
presentamos é unha alternativa que ten un respaldo financeiro
e que ten un respaldo técnico e económico; e que a viabilidade
mesma dese proxecto debe ser analizada en profundidade,
pero, en todo caso, en todo caso, hai un proxecto, hai
unha proposta e hai unha iniciativa potente.

No hay comentarios: