viernes, 2 de diciembre de 2011

Recuperar o tempo pérdido.Recuperar o naval civil.



A semana pasada publicouse a terrible noticia que continua a asoballando Galicia, milleiros de xovenes marchan en busca de futuro.Esa sangría que marcará para mal o futuro desta envellecida terra,non ten visos de parar,máis ben todo o contrario.As formulas empregadas ata o momento para atallar a crise, recortes sociais e inxección de cartos aos bancos, non teñen efecto positivo sobre as cifras de paro.
Máis ben todo o contrario,o goberno socialista aprobou unha reforma laboral,que facilita o despido de traballadores,cargando parte de eses despidos ao erario público.

 
O paro tragase Ferrolterra, 18000 e subindo...

Xa pasadas as eleccións,e con todos os gobernos da mesma cor azul,o partido popular que tanto se desgañitou contra o maltrato que lle deu ao sector naval o Psoe, ten que cumprir as suas palabras.
Do plan Feijoo para o centro de reparacións, nada se sabe, do aproveitamento das instalación de Imenosa, nada se sabe.
Dende o PP,sempre enviaron a mensaxe de que o máis importante era o emprego, pero nunca dixeron como se ía a crear.¿Onde van a empregar a dous millóns de parados?.

 da crise non se sae só con ilusións....

 Pensar que imos saír da crise por arte de maxia é de inxenuos.Dicir que apoiando aos emprendedores imos crear un millón de empregos,é mentira.Se non está mal, que se lle dea un pulo a ese maltratado gremio dos autonomos pensar que montando tendas de mobiles, cervecerías de último deseño, e centros comerciales, crearemos milleiros de empregos, non imos saír nunca desta.


Con centros comerciais non imos a ningún lado

 A solución segue sendo o sector productivo.Ata que non se aposte por el,non hai nada que facer.
A pesca, o sector lácteo,o campo,os estaleiros...Levamos duas décadas vetados en tódolos campos.
A unión europea que nos ía traer un mundo maravilloso frea o desenrolo deste país.Queren que saíamos da crise, convertendo as zonas industriais, en zonas de compra e ocio,e para iso faí falta xente que teña cartos para comprar.Polo tanto estamos coma unha pescadilla que se come a cola.

En Europa, xa teñen plans para a universidade de Navais

Porque o sector naval militar, non ten futuro, porque os países queren comprar so os deseños e facer eles os cartos, por iso Navantia non o ten. Porque os encargos militares conseguense a cambio de favores comerciais que tamén lastran outros sectores como o pequeiro con Noruega.
¿Porque se o dique flotante é tan bo negocio,non aparecen rapidamente inversores privados cos cartos,pra quedarse con parte do pastel?.Porque non o é, aparte de que non se pode facer en Astano polas limitacions europeas (herencia do Psoe), nin presupuestarias,por seren axudas ilegais.

¿Camiño da privatización?

Algunhas fuentes sindicais xa comezan a asumir o negro futuro que lle agarda a Navantia. As perdas, hoxe en día, non son asumibles (esto non é o INI), en canto esgoten o capital remanente, a Comisión europea caerá sobre Navantia coma a espada de Damócles.

O capital tecnolóxico e humano,o prestixio internacional, gañado con tantos anos de esforzos no sector Offshore con 4 unidades Fpso de alta tecnoloxía, e con outras 6 que non se quixeron facer aquí e que se mandaron a Corea, e todo iso pérdido,terá que ser unha nova conta dende cero.
Recuperar o tempo pérdido.

O Plan Ferrol demostrouse coas cifras de paro nas mans que foí un fracaso.Un plan pensado para eliminar o monocultivo naval, non para complementalo.
Aquí non se vaí instalar a General Motors, nin outra Citröen.O único que temos é o mar, e os estaleiros.
A recuperación do emprego en Ferrolterra pasará inevitablemente pola recuperación do naval civil sen limitacións. Namentres non ocorra iso, a sangría continuará, moitos se irán, e para non volver.

No hay comentarios: