miércoles, 27 de julio de 2011

Convertir Vigo en outra "Ferrol do Sur"

Poderíamos dicir que o proceso de desindustrialización que está a acontecer na cídade olívica,asemellase ao acontecido na cidade departamental.Vaíse convertir Vigo na Ferrol do Sur.Unha cidade xa condeada a esmorecer pouco a pouco,e que en poucos anos chegará sen dúbidas aos 50.000 habitantes.

A situación do naval,é froito de moitos acontecementos.Pero "o pau" do Tax Lease,vaí rematar a faena nos poucos estaleiros que aínda quedaban.
A incapacidade do goberno neste tema,é suprema.Xa faí moitos anos que o goberno actual abandonou este sector a sua sorte.

Se o sistema de tasas, data do ano 2002,podemos ver que tamén que o propio financiamento dos estaleiros privados brillou pola sua ausencia.

A realidade é que este goberno,coa sua fantasiosa "lei de economía Sostible" (xa non se acordan dela verdade...) ía crear miles de postos de traballo en sectores tecnolóxicos e modernos (O sector naval,estaba obsoleto,é cousa dos asíaticos,decían eles).O problema foí que esas empresas nunca apareceron,e as poucas que había neses sectores (que realmente funcionaban a base de subvencións),tamén pechan señores,e casualmente vansé para Asia.Porque alí si que teñen cartos.


A posición dos sindicatos
A postura dos sindicatos é clara.Nunca lles importou o futuro da cidade.
Cando tiveron que negociar  reduccións de plantilla, aceptaronas e punto.Iso sí, negociar negociaron ben as prexubilacións e os subsidios.
O que está claro e que cando un acepta prexubilar un obreiro cualificado e despois non poñer a nadie no seu sitio,é destruir un posto de traballo.O problema virá cando o fillo dese obreiro queirá buscar choío....
Por iso as manifestacios feitas por Xulio Abelleira no debate do Canal 31,indignan a un. Porque non ten valor de dicir o que dí nunca oficina do Inem.Porque aos sindicatos desta comarca so lles interesa unha cousa:
Manter o estatus público dos estaleiros da ría.
E non teñer pudor en reconocelo.
PREFIREN UN ESTALEIRO CON 200 PERSONAS PÚBLICO,QUE CON 2.000 PRIVATIZADO.
 E iso nunha cidade con 18.000 parados e subindo, ten tela.
E siguen no error de pedir INVERSIÓN PÚBLICA unha e outra vez.
En Ferrolterra levamos 25 anos de inversión pública,e seguimos igual.

Papá estado non vaí solucionar o problema,porque non ten un duro.Por iso é triste ver como a única saída que se lles ocorre dende ese sindicato ,é esa.Polo menos xa non seguen chorando pola sexta F100,porque se ese é o plan de futuro que ten Navantia (so un barco) están aviados....
O que está claro é que nun país onde o sindicato maíoritario obzecase en manter un negocio como é o naval militar que  coa carteira chea de pedidos deu perdas, algo non funciona.Se Navantia é viable ou non, non lles importa. Se por eles forá, construirían barcos para facer arrecifes de coral afundindoos na ría.Como os cartos públicos choven do ceo...

¿Que fará o PP se chega ao poder?
Decían no debate do canal 31,que un goberno do PP,en Ferrol,Xunta e Madrid xa non deixaría ningunha opción a que se non se producise o levantamento do veto da antiga Astano.
O que pasa é que o PP,xa ten maioría no goberno da UE,e aquí non pasou nada de nada.Ademais nese mesmo debate,estaba o senador Juan Juncal,que en ningún momento aceptou para sí ese planteamento.

Maís ben so falou dun consorcio naval militar europeo,o cal non se lle ve moitos visos de prosperar...
Tamén non debemos esquecer que ao mando da competencia da CE,está o socialista Joaquín Almunia,que non creo que estivese por facilitarlle as accións a un goberno de dereita.

E así estamos,cun paro "in crescendo", e con menos posibilidades de desenrolo industrial.
Os poucos sectores que había, van pechando, as cuotas pesqueiras reducindoas, desguazando os barcos pesqueiros,o sector primario morrendo...é dicir un panorama que so invita a coller as maletas e emigrar, como eses centos de mozos que este ano,se forón a Centroeuropa.Ou precaridade,ou paro...

E todo isto,por ter unha clase política penosa.Un montón de individuos postos a dedo,que nunca lle levarán a contraria ao seu partido,ao cal representan, e non aos cidadáns que o votaron.

No hay comentarios: