jueves, 31 de marzo de 2011

Xa faí 3 anos que seguimos mirando dende o pórtico

Hoxe fai tres anos que comezou este blogue,sen nengún outro próposito que non seña o de demandar un aproveitamento racional e lóxico das instalacións da antiga Astano.
Non se pretende "vivir del pasado" nin "repetir los mismos errores", o sector naval civil, é un sector con futuro.Ao igual que todolos sectores industriais, non se vai poder competir cos países emerxentes en productos sinxelos,teremos que apostar por productos moi tecnolóxicos e con alto valor engadido, e non será so na construcción de buques, senon para todo.

Nos tempos actuais, é máis que necesario abrir novas espectativas, novos sectores onde poder emplear a xente.Temos 18.000 parados,e a medida que se vaían finalizando os actuais barcos, esa cifra irase incrementando.

Moitas persoas emigradas ás Illas Canarias e Madrid, achegaronse a este blogue pra botar unha ollada a realidade que asola  a esta comarca. Dende aquí pretenduse dar unha visión imparcial con datos obxectivos e que poña a cada quen no seu sitio. Os que defendemos o levantamento do veto, e os que se negan a renegocialo."Sin trampa ni cartón", os videos está ahí, e a documentación tamén.

Porque é unha reclamación lexítima, ao igual que outras moitas, como sacar a planta de gas ao  porto exterior, abrir Ferrol ao mar levando os militares á base da Graña, que deixen funcionar a central térmica das pontes, que leven o tren  ao porto exterior, que se aproveiten os antigos castelos da Palma e San  Felipe.....e moitas máis.

No hay comentarios: