lunes, 19 de abril de 2010

Xavier Carro aparece pra defender a xestión de Francisco Cruz e o seu Plan Ferrol



"A credibilidade de Xavier Carro,no vídeo..."


ELECCIÓNS Á CÁMARA DE COMERCIO

XAVIER CARRO (*)

É a primeira vez que unhas eleccións á Cámara de Comercio espertan tal expectación, sen dúbida pola incursión de Xoán Gato como candidato. Eu non son empresario e non teño dereito a voto neste lance pero se o tivera votaría precisamente calquera cousa menos ó que representa este persoeiro. Nunca entendín ese certo recoñecemento que determinada esquerda comarcal sempre tivo coa traxectoria e os resultados de xestión dos últimos 20 anos en Narón. Para min non hai dúbida, os resultados non son positivos. Un dos éxitos atribuídos a Xoán Gato e o crecemento de Narón, pois ben, eu penso que este feito debese máis a deméritos dos sucesivos Alcaldes de Ferrol que a méritos propios e ademais resulta evidente a falla de previsión e o cutre acomodo urbanístico que Narón deu a ese crecemento. Núcleos rurais ou semiurbanos onde se chantaron enriba polígonos intensivos de vivendas mantendo os servizos e accesos existentes, ou bloques de vivendas rodeando unha siderurxia, ou chalés residenciais a 200m dunha cementeira, ou outra cementeira a 100m dun colexio, son todos eles exemplos dun urbanismo que pensa máis na recadación que nos cidadáns e ás veces esa recadación está incluso baixo sospeita. Ó meu entender o prezo do progreso e o crecemento non pode ser tan elevado.

A Cámara de Comercio de Ferrol está ben xestionada, terá seguramente as súas eivas que deberan resolver con diálogo, pero é precisamente disto do que saben e no que teñen experiencia. Baixo o mandato de Paco Cruz a institución cameral liderou discretamente o proceso de unificación da patronal en Ferrolterra, do que só quedaron fora por vontade propia precisamente os que agora rodean a Gato aínda que antes o aborreceran. Tamén se constituíu a Asociación Impulsora do Plan Ferrol, institución que está a ser copiada en Lugo en Ourense e na Costa da Morte polos bos resultados que acadou en materia que creación de tecido empresarial, riqueza e emprego, e ademais a Cámara de Ferrol lidera as Cámaras de Galicia, cónstame que por ser a máis dinámica e eficiente.

O que faría Xoán Gato coa Cámara á vista está, non hai máis que ver a súa campaña política e personalista, eses son os bimbes para facer o cesto, para converter a institución nun partido ó servizo dunha persoa quizais có obxectivo de abrirlle o camiño de volta á política.

Eu confío na clase empresarial de Ferrolterra, neses empresarios dos que se dicía ó inicio do Plan Ferrol que non existían, que non tiñan ideas nin alento para novos proxectos industriais, e que demostran ano tras ano que si hai ferramentas públicas axeitadas, as ideas, os proxectos e o compromiso empresarial non faltan. Por iso sei que saben que coas cousas de comer non se xoga e que os experimentos na casa e con gaseosa, pero coa Cámara de Comercio setidiño.

(*) Xavier Carro Garrote é diputado no Congreso polo PSdeG-PSOE

diariodeferrol.com

1 comentario:

Ernesto G. Ontoria de Till e Veiga dijo...

Dedicada a Xavier Carro Garrote
deputado no Congreso polo
PSdeG-PSOE
pola súa amizade manifesta con Paco Cruz



A GRAN CRUZ CAMERAL
-----------------------------------
Se o proceso electoral ás Cámaras de Comercio no resto de Galicia discorre dentro dun clima normalidade, en Ferrolterra a trifulca está servida, e as dúas correntes concorrentes ás eleccións do próximo dia 22 encerelláronse nun enfrontamento que excede o puramente electoral para tomar tinguiduras xudiciais

O actual presidente desatou a súa singular caza de bruxas ao tentar deixar fóra de xogo ao seu opositor e ex alcalde naronés; véndoselle disposto a utilizar calquera método ou sistema co fin de perpetuarse no seu acomodaticio cargo ao que se aferra con entregada tenacidade
-----------------------------------

Lía as declaracións do actual presidente da Cámara de Comercio Industria e Navegación – Sr. Cruz, referidas ao seu opositor o ex alcalde naronés Xoán Gato, e a verdade non saio do meu asombro ao comprobar o arraigamento á poltrona que este señor mostra despois de oito longos anos á fronte do ente cameral nos que xerou mais sombras que luces.


Descoñezo se a súa xestión achegou algunha vantaxe ao seu grupo de empresas, pero o que son seguro é que os 16000 empresarios que conforman o censo cameral o único que cultivaron durante o seu mandato foi o obrigado pago da cota, a realización duns cantos cursos formativos a montaxe de parafernaliñas inútiles e vergoñentos feiróns en Punta Arnela,


O balance da súa xestión é patético, pero o lamentable é que nega teimudamente o recoñecemento do seu fracaso e tenta lograr a súa permanencia utilizando para iso descualificacións adobadas con subterfuxios xurídicos e encadres gremial cuestionando a validez da candidatura do seu contendente, e a verdade, esa non é a mensaxe que esperaba o mundo empresarial.

Colectivamente están fartos de sufragar a inutilidade sen rendementos en beneficio das súas empresas ou actividades; por iso canto mais promulgue a súa campaña de acoso e derriba, maior será o sector de anoxados que inclinen a súa confianza a quen polo menos compromete un cambio de rumbo, unha renovación, unha intención de pór en valor a ferramenta da Cámara de Comercio para que resulte algo servible e útil


Vostede aínda sendo empresario, é a única persoa que non debese postularse como candidato , pois durante o seu longo mandato, fixo gala sobrada da súa incapacidade, da súa nulidade para liderar o futuro da patronal de Ferrol-terra , mentres que o seu competidor alternativo aínda sen arrogarse pedigree de patrón, soubo impor un estilo, logrando converter ao seu concello nun esencial referente da economía e o desenvolvemento galego; devandito queda pois que a balanza electoral non se inclina ao seu favor, e as circunstancias delatan que a vostede lle falta nivel e sóbralle petulancia.


Recomendaríalle que asumise o xogo democrático e deixásese de enredos xurídicos, non esqueza que os necios e porfiados fan ricos aos letrados, e neste caso con todos os respectos, referirlle que a denuncia interposta contra a candidatura opoñente aducindo vulneración do procedemento regulado, non deixa de ser un despropósito de lei por mais que fose admitida a trámite; e na súa autoría denótase mais a intervención dun pasante de tres ao cuarto que a dun ilustrado doutor en leis, pois caso contrario non se entende semellante desatino

Sr, Cruz en resume, perda toda esperanza de alcanzar a súa continuidade por vía xudicial e para acomodarse a un novo status anticipadamente, de por sentado que ten logrado a pulso a súa saída da Presidencia da Cámara por invalidez probada e discapacidade manifesta,

A Cámara de Ferrol necesita un Presidente e ese non é Vostede.