martes, 23 de marzo de 2010

Opinións sobre Astano



Ferrol, sempre divididos

Ante a manifestación do próximo sábado cabe facer un par de reflexións:

¿Como pode haber unha parte importante do sectores sindicais e políticos interesados en que sexa un fracaso? .

Estes mesmos,¿Que bagaxe da suas xestions poden presentar ante os veciños de Ferrolterra?.Se en 1985, Astano tiña 6000 traballadores,a día de hoxe,so quedan 300 nesas mesmas instalacions.
¿É iso un éxito?.O único que obtiveron foron  xubilacións e prexubilacións,pero destruíron miles de empregos.Agora eses cartos fan de "colchón" pra manter os fillos e netos na casa,pero moitos, sen traballo.

¿Que poboación tiña  Ferrol en eses anos?.A poboación vai diminuindo,e a este paso,non faltará moito pra ver unha cidade de 60.000 habitantes,e altamente envellecida.

Agarransé  "a defensa a ultranza do sector público".Nadie falou de privatizar o estaleiro.Eses traballadores seguirán pertencendo sempre a administración, e no pior dos casos serían recolocados na antiga Bazán.Vease o caso dos traballadores de Juliana,que forón para aquí trasladados..

O que non pode ser,é continuar a manter o estaleiro nunha situación de desaproveitamento total.¿Alguén imaxinase que a CE so deixase crear 900 postos de traballo no polígono de Río do Pozo?.Porque a situación é a mesma.

¿Acudir a manifestación é recoñocer o fracaso do Plan Ferrol?.Calquer intento de reindustrialización benvido sea,pero o certo que os postos de traballo que poida crear dito Plan,non chegan nin de lexos para cubrir as necesidades da comarca.
Hoxe sin máis coñeceuse o peche de Talleres Cachaza,35 persoas máis ó paro.
En tal caso é un programa a largo prazo,é os cartos,millor dito préstamos,do plan finalizan en 2013..

Xa fai moitos anos,que leván matando ó sector naval.En plena reconversión,algúns dicían que nunca máis se volverían a botar máis nada nesas gradas,pero 15 anos máis tarde conseguiuse un contrato de 3 plataformas petrolíferas (e poideron ser 5 se non fose pechado),algo inaúdito no sector offshore.Nunca  está todo dito....

En todo caso,eses que tachan de OPORTUNISMO POLÍTICO a manifestación deste sábado,que reflexionen un pouco,pensen no futuro do seus fillos,e se tanto loitaron polo naval fai moitos anos,que acudan sequera a nivel personal, porque está vai a ser a última gran manifestación pola recuperación da antiga Astano.Para que Ferrol non estea sempre dividido.

Manu Reboredo  é colaborador deste blog.


ASTANO É O QUE IMPORTA

ANTONIO LÓPEZ RIVERA

Levo lendo estes días posicionamentos a prol e en contra da manifestación convocada o día 27 por Rumbo 21, nada teño que dicir, coincidindo ou non cas argumentacións, dos que lexitimamente como integrantes de Rumbo 21, tratan de conseguir a maior participación posible na manifestación que convocan, pero non me podo quedar calado por diversos motivos, como ferrolterrano, dende a miña responsabilidade sindical, como un dos moitos actores que participaron na negociación do ano 2004, etc., ante as medias verdades e intoxicacións, publicadas por persoeiros e incluso por organizacións que teñen como único obxectivo facer fracasar a mobilización.

1.Os únicos que defenderon dende o inicio ata o final das negociacións que a única saída que tiñamos para ASTANO era a súa pertenza no sector público fumos os negociadores da CIG-METAL, feito demostrable consultando as hemerotecas do ano 2004, incluso se poden observar posicións de organismos unitarios a prol da permanencia de ASTANO na construcción civil independentemente da figura societaria pública ou privada.

2.Mesturar a crise global ós barcos cancelados a Barreras ou ó Ro-Ro cancelado en Navantia Baía de Cádiz, non é mais que un intento de distorsionar a realidade, xa que por un lado a construción de barcos de pasaxe é o sector que esta pasando a peor crise e por outro lado ASTANO nunca se movería no mesmo ámbito de construción que Barreras, curiosamente aínda se fan pedidos de Off-Shore, especialidade indiscutible de ASTANO.

3.Se en Navantia a facturación non militar non alcanza o 20% non é so por que se teña pouca carga de traballo de construción civil, se non tamén porque se abandonou todo o mercado que tiña a fábrica de turbinas, e se condicionou moito o mercado de carenas a pesares de dar ganancias, curiosamente se reclama a potenciación do mercado non militar, turbinas, novas tecnoloxías, Carenas, igual que facemos nós, pero nós non firmamos os acordos do 2004 e polo tanto non admitimos o tope do 20%.

4.Navantia é unha empresa que está dando perdas moi elevadas, é posible que entre en quebra técnica antes do 2014, así que o levantamento do veto a ASTANO, daría unha oportunidade de participar en segmentos de mercado que neste momento non se está participando.

5.O veto para que ASTANO acceda a construción naval civil ten máis de 25 anos, e foi prorrogado en varias ocasións para conseguir o obxectivo primordial de pechar o estaleiro, non é preciso que enumere os cambios sociais, económicos e políticos que se levaron adiante no mundo nestes anos, é polo tanto incomprensible, polo menos para min, que se manteña unha estratexia inamovible durante tanto tempo.

6.Contrapoñer a potencialidade que aporta o estaleiro de Fene á unidade produtiva Fene-Ferrol co levantamento do veto, non é máis que unha perversión, xa que se a capacidade de produción de aceiro de ASTANO estaba perto do millón de toneladas ano, non encontro ningunha razón para que poida á vez, aportar esa potencialidade e traballar no mercado civil.

Tamén sería convinte que alguén clarificara adxetivos como iluminados, demagóxicos oportunistas, e outra serie de calificativos que se verten nos artigos de opinión nos que non quero entrar.

Moitas destas opinións que se publicaron, teñen máis que ver coa defensa de posicións que se mantiveron durante os últimos vinte anos que con unha análise realista dos feitos e do futuro.

Pero certo é, que a crise na que nos atopamos, que por desgracia para nós aínda pode empeorar tanto en Galiza como na comarca, a pérdida de postos de traballo, a pérdida de poder adquisitivo, a desaparición de empresas, etc., aconsella poñer todos os nosos esforzos en manter e recuperar as capacidades produtivas que temos, e ASTANO foi e ten que volver a ser un dos pilares básicos da economía produtiva da nosa comarca. Os axentes sociais temos que alegrarnos de que aínda existan persoas que traten de dinamizar e mobilizar esta comarca, e non poñer pedras a estas mobilizacións independentemente de que algúns poidan ver intencións ocultas ou que non se coincida ó 100% coa argumentación.

Antonio López Rivera, Secretario Confederal de Emprego e Industria da Confederación Intersindical Galega (CIG).



agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

 













17.000 PARADOS, 17.000 RAZÓNS PARA SAÍR Á RÚA
MANUEL LÓPEZ FOXO (*)
Os máis de 17.000 parados que hai na nosa comarca, os centos de traballadores da industria auxiliar, os estudantes de FP e de enxeñaría, os que traballan no pequeno comercio ou na hostalería, a mocedade en xeral, os cidadáns desta comarca no seu conxunto, todos nós temos dereito a opinar sobre Astano e a mobilizarnos polo seu futuro, como, por certo, moitos e moitas xa o fixemos nos anos oitenta, sen sermos do sector naval nin saber nada de barcos, porque Astano ten un efecto dominó sobre todos os sectores económicos, sobre a vida de miles de persoas que residen nesta comarca, traballen ou non dentro do estaleiro, sexan profesionais do sector naval, camereiros, empresarios ou albaneis.

A todos nos afecta o desmantelamento do que era até non hai moito un dos estaleiros máis importantes de Europa. E non temos, desde logo, que pedirlle permiso a ningún sindicato nin á Asociación Impulsora do Plan Ferrol para opinar sobre Astano ou para convocar unha manifestación polo levantamento do veto. Até aí podíamos chegar!

Sabemos ben que se a sociedade comarcal non se move para reactivar o estaleiro de Fene, tampouco o vai facer o Goberno central nin a Unión Europea. Por iso hai que celebrar que Rumbo21, a entidade que acadou un amplo apoio na sociedade comarcal e o apoio unánime do Parlamento galego, tomara a iniciativa de convocar á cidadanía a unha manifestación para pedirlle a Zapatero que cumpra o que tres veces prometeu nas Cortes: que ía traballar desde a Presidencia da UE para levantarlle as prohibicións que pesan sobre Astano. Se non nos movemos nós como sociedade, ningún goberno se vai mover por nós, nin en Madrid nin en Bruxelas. 


Somos nós, a propia sociedade de Ferrolterra, a que ten que facer de motor dos gobernos. Só así poderemos lograr que Astano deixe de ser case un cemiterio industrial e volva a ser unha potente industria. E se ante a pasividade do Goberno español outras entidades e outras organizacións se quedan de brazos cruzados, está claro que Rumbo21 tiña que tomar a iniciativa. Creo que estamos lexitimados pola sociedade e pola Cámara galega para facelo sen pedirlle permiso a ninguén.
As seccións sindicais de CCOO en Navantia F

errol e Fene fixeron recentemente un comunicado público no que manifestaban que estaban fartos de ver como todos falaban de Astano sen contar con eles. Como se os demais non poideran falar de Astano, como se toda a sociedade non poidera falar do sector naval, das infraestruturas, da sanidade ou da educación. 

A min, como cidadán de Ferrolterra e como persoa da esquerda, tamén me resulta incomprensíbel que poida haber sindicatos que naceron para defender aos obreiros e non miran para os máis de 17.000 parados que hai na comarca, para os traballadores da industria auxiliar, para os miles de estudantes que hoxe se están a formar para ter un futuro laboral ou para os centos de persoas que teñen traballos precarios no comercio, na hostalería ou nun polígono. Todas esas persoas tamén son clase traballadora e hai que mirar para todo o mundo. Mais vai ser que por mirar tanto para dentro do estaleiro nin sequera contemplen un futuro laboral para os seus fillos dentro do estaleiro de Fene. Sabemos ben que detrás de cada prexubilación desaparece para sempre un posto de traballo.

Falemos con claridade. Cando unha persoa está a sufrir o drama do paro e busca desesperadamente un posto de traballo, ¿está pensando en atopar un traballo digno ou está pensando en pertencer a unha empresa pública como Navantia? ¿Cantos traballadores que poideran entrar neste momento a traballar no estaleiro Navantia-Fene ían ser realmente traballadores públicos de Navantia? ¿Cantos traballadores dos que hoxe entran nos dous estaleiros da ría son traballadores públicos de Navantia? Xa está ben de non facer nada por darlle vida a Astano en nome dunha suposta defensa do carácter público do estaleiro.
Rumbo21 quere que o antigo estaleiro de Fene volva a ter actividade plena e quere que volva a ser unha referencia mundial na industria naval civil. Ese é o noso obxectivo.

Se a Unión Europea permite que Astano volva á industria naval civil como estaleiro público, pois adiante! Nós seremos os primeiros defensores da opción pública. Pero se dentro do sector público, coas limitacións legais que hai, Astano non pode volver a facer barcos nin a dedicarse á industria naval civil, Rumbo21 quere que o Goberno español e a Unión Europea busquen a saída necesaria para posibilitar a reactivación do estaleiro. E os que non esteñan de acordo con ningunha outra alternativa que non pase exclusivamente polo público, que llo expliquen a esas miles de persoas que precisan un posto de traballo, que lles expliquen a todas esas persoas que Astano debe seguir sendo público, aínda que teña só trescentos traballadores, aínda que nunca máis volva a construír un barco. Que alguén o explique, porque eu, desde unha perspectiva social, e mesmo humana, non podo entender tal maneira de proceder dun sindicato obreiro ou dunha organización política de esquerdas. 

Non podo entender como un traballador dunha empresa pública ou unha persoa con preocupación social pode ser tan insolidario cos miles de traballadores que neste momento están no paro na nosa comarca buscando desesperadamente un posto de traballo. Defensa do público pensando en quen? Nos máis de 17.000 parados -moitos deles xa sen ningunha cobertura- ou pensando exclusivamente no futuro laboral dos 300 traballadores de Navantia-Fene?

E que dicir dos alcaldes de Fene e de Ferrol? Calquera alcalde da nosa comarca se mata por levar unha empresa para o seu concello, aínda que só cree dez postos de traballo. E estes señores, en vez de encabezar unha mobilización da sociedade comarcal para reclamar outro futuro para Astano, que sería o normal, exercen, pola contra, de muro de contención para que esta demanda de Ferrolterra non chegue ao Goberno central. Abraiante!


Está ben o de andar en bicicleta, de verdade, pero a súa primeira obriga como alcaldes de Fene e de Ferrol é pedalear primeiro para mover a economía e a creación de postos de traballo nos seus concellos. E non só non pedalean, senón que queren que a sociedade non se mova para reabrir Astano á construción naval civil. Mais a sociedade comarcal xa se moveu no seu día asinando masivamente a Iniciativa Lexislativa Popular de fomento do sector naval -que asinaron 18.600 persoas-, e a sociedade comarcal vaise volver a mover manifestándose o vindeiro sábado polas rúas de Ferrol Pola creación de emprego e polo levantamento do veto xa! Se non o fixéramos, seríamos unha sociedade sen pulso, unha comarca que renuncia ao seu futuro.
(*) Manuel López Foxo é membro de Rumbo21 e da Comisión Promotora da ILP de fomento do sector naval de Galicia.



EL VETO SOBRE ASTANO Y RUMBO 21













EL EL VETOEMILIO PANTÍN (*)
Resulta muy difícil resistir la tentación de permanecer ajeno y pasar de largo ante el debate público de los viejos problemas industriales que se reabren de forma periódica en el tiempo, en función de no sé qué intereses. Volver a hacerlo sólo sirve para poner de manifiesto, una vez más, que en la comarca de Ferrolterra es imposible ponerse de acuerdo hasta en lo que está bien.
Me refiero, en concreto, a los planteamientos que, en torno al veto que pesa sobre Astano, viene haciendo Rumbo 21 y que llegan incluso a proponer la modificación de los acuerdos del año 2004 y la creación de un centro de Reparaciones en la ría de Ferrol y que a mi me parecen demasiado interesados, extraños y desafortunados por los motivos siguientes:
1.- Sobre el veto que injustamente pesa sobre Astano ni que decir tiene que me manifiesto totalmente contrario a su imposición pero es necesario decir, por si alguien lo olvida, que el veto fue una decisión política que a mediados de la década de los 80 impuso el Gobierno del PSOE sin ninguna razón industrial, que 10 años más tarde es el Gobierno del PP el que lo firma y confirma en Bruselas y que en el año 2005 es el Gobierno de PSOE el que lo prorroga hasta el 2015, con nocturnidad y alevosía y por su cuenta y riesgo. Pero esto perece que no cuenta, no importa, qué más da, luego, se reprochan los unos a los otros su imposición y se aprueban ILP en el Parlamento y saldrán a la calle, para exigirse a sí mismos, la retirada del veto que pesa sobre Astano desde hace 25 años. ¡Qué curioso!, pero es posible, estamos en Ferrolterra donde la hipocresía política se convierte en algo cotidiano.

2.- Parece lógico que a estas alturas Rumbo 21 aclare públicamente y de una vez por todas qué le quiere modificar a los acuerdos del año 2004, en dónde radica el problema, que aclaren qué es lo que les molesta de dicho acuerdo. Tal vez sea la condición pública de Navantia-Fene la que no concuerda con sus intereses y prefieren la situación de Juliana, en Gijón. Si es así, díganselo y aclárenselo a la ciudadanía que pretenden movilizar.

3.- También se plantea Rumbo 21 la creación de un centro de reparaciones en la ría de Ferrol, pero ¿no contamos con uno ya? En la actualidad, Navantia-Fene-Ferrol dedica una parte importante de su actividad a las reparaciones tanto civiles como militares, que dispone de una instalaciones de las mejores que puedan existir y que cuenta con una plantilla de profesionales que día a día demuestran su capacidad en este sector y que han colocado a Navantia a la cabeza de las reparaciones en el Mundo. Nunca, ni Astano ni Bazán, por separado, ni Izar más tarde, han reparado tanto como lo está haciendo en estos momentos Navantia. ¿Qué centro hay que crear?, ¿en qué parte de la ría se colocan las instalaciones?, ¿quién realiza las inversiones?, ¿quién se coloca al frente de dicho centro? Pero de verdad es posible que Rumbo 21 se crea esto, no es posible, pero ¿qué pretenden conseguir?, ¿por qué no se dice?. No se atreven, ¿tal vez, porque en el fondo el objetivo de todo este planteamiento sea que Navantia prescinda de las reparaciones y de su carácter público?

Entiendo, para ir finalizando, que lo imposible para algunos será manifestar su apoyo a los planteamientos que desde la representación de los trabajadores y sus organizaciones se está proponiendo en Navantia y que en lo que respecta a reparaciones pasan por exigir de la empresa y la SEPI que aporten las inversiones necesarias para mejorar las instalaciones (diques cubiertos, diques flotantes, etc.) que nos permitan acceder al 100% del mercado con el objetivo de reforzar la actividad de las reparaciones civiles y militares y su condición pública.
(*) Emilio Pantín es ex presidente del Comité de Empresa de Bazán














UNA IMPORTANTE MANIFESTACIÓN
IÓN
FELIPE DO MUHÍÑO
El viejo Astano y el nuevo Navantia han sido retirados de la circulación internacional para construir barcos. Fue una decisión política para llevar a cabo una reconversión en el sector naval. Desde entonces en Fene se viene trabajando a medio gas, al ser dedicado aquel astillero a una prolongación de Navantia- Ferrol, y estar relacionado con la obra naval militar. En Fene se desarrolla un volumen de trabajo muy inferior a sus posibilidades, y lo que en su momento parecía que iba a ser una estación de paso, ha reducido unas posibilidades asombrosas, cuando tiene capacidad para construir barcos de todo tipo y de gran tamaño, y aquello que tan solo sería un suceso tecnológico sin más se está prolongando de forma preocupante en la comarca.
Y por eso un grupo de personas organizadas, ante tanto pasmo, crearon un movimiento en favor del astillero, visitaron autoridades y recabaron ayuda y comprensión, para que se acabe esta situación tan drástica que pesa sobre Fene, y que vuelva a la normalidad construyendo grandes buques que iban como la seda, y las navieras se ponían a a cola para repetir sus pedidos, porque los ingenieros y los operarios tapizaban los cascos en la grada, después de dedicar toda su vida a la arquitectura naval.
Sorprende que la respuesta a los que piden que se levante la “sanción” al astillero encuentren la callada, y por ello reunidos en torno a Rumbo 21 están dispuestos a defender a este superviviente nato, y piden la participación de los ciudadanos en la manifestación del próximo día 27 que se celebrará en Ferrol, para ver culminada la primera parte de un trabajo explicativo y de justicia, con el grito generalizado de unos trabajadores que no entra en sus planes todavía su jubilación, y de unas familias que con gesto agrietado sufren ese deterioro, y por eso esperan una gran concentración ciudadana para sacar a Astano- Navantia del dique seco.



                                                            FERROLTERRA TEN DEREITO

                                                                  XAIME BELLO COSTA (*)

Hai unhas semanas, co gallo do debate da Lei de Caixas, facíase público un manifesto que reivindicaba o dereito a termos un sistema financieiro eficiente ao servizo do país, regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno. Compartindo cen por cento esta idea, quixera extendelo ao dereito de Ferrolterra a ter un sector naval de futuro como o que o levou a ser un referente internacional na construción naval civil e militar. Porque continuamos a sufrir negativas consecuencias da malchamada reconversión dos anos 80, que marcou o inicio do desmantelamento de Astano coa prohibición de se dedicar á construción naval tradicional.

Neste contexto, unha plataforma comarcal, Rumbo 21, está a facer desde hai meses un traballo institucional e social moi loable para fomentar o sector naval galego. Promovendo unha Proposición de Lei, por Iniciativa Lexislativa Popular, que foi tomada en consideración por unanimidade no Parlamento de Galiza a finais do ano pasado. Agora, convoca para o sábado 27, ás 12 horas, no peirao de Curuxeiras, unha mobilización acertada, pola creación de emprego, por un sector naval de futuro e o levantamento do veto ao estaleiro Navantia - Fene. Alén de diferenzas ideolóxicas, son alicerces que nos deben unir para que todos a unha manifestemos perante a Xunta, o Goberno central e a Unión Europea que o que necesita Ferrolterra é construír barcos. Temos dereito!

(*) Xaime Bello Costa foi alcalde de Ferrol



diariodeferrol.com

No hay comentarios: