miércoles, 17 de febrero de 2010

'Rumbo 21' reprocha ao PSOE que non negocie a fin do veto a Navantia

A Asociación 'Rumbo 21', que dende Ferrol promove unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para instar ao Goberno central a negociar coa Unión Europea a fin do veto á construción naval civil en Navatia Fene, criticou que o PSOE incumpra a súa promesa de aproveitar a presidencia española na UE para iniciar a negociación. O colectivo convocará unha manifestación cidadá en defensa do sector naval da comarca proximamente.

Rumbo 21 laiase de que o Ministro de Industria, Miguel Sebastián, declarase onte no Senado que o levantametno do veto a Navantia é un tema “complexo” porque a Comisión Europea “non está disposta” e porque suporía que habería que plantexare “se interesa ou non” reabrir o expediente de Izar.

O voceiro de Rumbo 21, Ramón Yáñez, censurou que o Goberno do PSOE no aproveite a oportunidade que supón presidir a UE en coincidencia co mandato de Joaquín Alumnia como Comisario de Competencia e responsábel de decidir sobre o acordo ao que chegaron España e Bruxelas no 2005 e que derivou na última reconversión da empresa naval pública española.

Yáñez insistiu en que resulta necesario reabrir o expediente de Izar para demostrar que Navantia Fene non percibiu as axudas do Goberno Aznar que Europa considerou legais. O voceiro do colectivo explicou que para evitar a devolución desas cantidades millonarios o Executivo Aznar desfíxose de Izar e creou Navantia.

En 2009 Rumbo 21 recolleu 18.000 sinaturas coas que se acompañou a presentación da súa iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia. Polo de agora ningún grupo político está disposto a defendela, polo que o colectivo critica o “silencio cómplice” no que se manteñen os sindicatos CCOO e UGT e os partidos políticos.
anosaterra.org

No hay comentarios: