sábado, 30 de enero de 2010

O intento de revivir o Plan Ferrol supón "manter un fiasco con respiración asistida"

Desde o grupo político afirman tal cousa "xa que, mesmo os convocantes, teñen asumido a falta de credibilidade e operatividade do devandito Plan". Os nacionalistas lembran que "perante os últimos 25 anos os procesos da mal chamada reindustrialización non t veron máis resultados que a criación de numerosos chiringuitos, cunha preocupación máis real en actuar como narcotizantes da sociedade comarcal que de verdadeiros instrumentos de reindustrialización".

O BNG lembra que desde a posta en marcha deste último Plan e hai agora tres anos e segue aumentando o paro na comarca, aumenta o peche ou o anuncio de ERE en diversas empresas e seguen sen concretarse as infraestruturas pendentes: modernización do ferrocarril con chegada ao porto exterior, retraso no corredor Ferrol-S. Cibrao, retraso no saneamento das rias, etc.

Só se entenderá un verdadeiro proceso de industrialización cando desde os diferentes gobernos e nomeadamente, o do estado e se teña compensado mínimamente os resultados que os diversos procesos da marchamada "reconversión" deixaron: paro, desertización industrial e emigración", afirman.

O BNG de Ferrolterra denuncia tamén a actitude que estiveron a manter as organizacións que apoian o Plan Ferrol "mirando para o outro lado fronte ao aumento do paro, na desaparición das empresas ou no retraso das infraestruturas pendentes", pero consideran "inxustificábel e irresponsábel que nen siquera abrisen a boca para falar da recuperación do sector naval e, consecuentemente, a volta da antiga Astano á construción naval convenciónal e da necesidade de exercer presión institucional e política para que a presidencia española na UE obrigue a situar este tema como prioritario,

retirando o veto que se mantén sobre o sector, e conseguindo que éste actúe como tractor na recuperación da economía comarcal".

Ademais, os nacionalistas pregúntanse tamén como é posíbel que o Pla Ferrol estivese "desaparecido" fronte á iniciativa Rumbo 21 para a defensa da construcción naval, que tivo máis de 18600 sinaturas, e que foi tramitada por unanimidade polo Parlamento Galego.

Ao seu ver, cómpre, pois, cambiar o rexistro. E para iso, entendenfundamental promover iniciativas que fagan recuperarlle á sociedade comarcal o protagonismo das reivindicacións e a comezar pola reclamación para o levantamento do veto sobre a antiga Astano e sobre os temas que constitúen o artellamento dunha verdadeira recuperación económica e social de Ferrolterra.

Para iso, é preciso que as forzas sociais que viñeron apostando ultimamente por fórmulas continuistas e inoperantes e nomeadamente, os sindicatos e abandonen o confusionismo e o entreguismo e volvan situarse do lado da xente, conclúen.

No hay comentarios: