miércoles, 23 de diciembre de 2009

O veto a Navantia-Fene, a debate o día 29 no Pleno

O grupo parlamentar do BNG conseguiu introducir na orde do día, o debate da Iniciativa Lexislativa Popular para levantar o veto á antiga Astano. A instancias dos nacionalistas, e logo de ter sido rexeitada a súa toma en consideración na anterior Xunta de Portavoces, o Parlamento terá a oportunidade de explicitar cal é a súa verdadeira postura sobre o veto a Astano antes do 1 de xaneiro, cando comeza a presidencia española da Unión Europea.

Neste sentido, o BNG lembra que o presidente do Goberno central, José Luis Rodríguez Zapatero, se comprometeu a aproveitar esta conxuntura para impulsar a fin do veto, de aí a importancia de que o debate finalmente se dea antes de finalizar o ano.

A iniciativa lexislativa está avalada por 18.000 persoas, fundamentalmente da comarca de Ferrolterra, pero se agarda poida ter eco “máis alá da ponte das Pías”.
anosaterra

No hay comentarios: