martes, 15 de septiembre de 2009

MOCION DO GRUPO POLÍTICO DO PARTIDO POPULAR SOBRE MEDIDAS A ADOPTAR EN DEFENSA DO FUTURO DO ESTALEIRO NAVANTIA-FENE

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO CONCELLO PLENO EN DATA 8 DE XANEIRO DE 2009.-

6º.- MOCION DO GRUPO POLÍTICO DO PARTIDO POPULAR SOBRE MEDIDAS A ADOPTAR EN DEFENSA DO FUTURO DO ESTALEIRO NAVANTIA-FENE.
Seguidamente dáse conta do ditame da Comisión Informativa de Organización e Seguridade de data 2 de xaneiro de 2009 que transcrito literalmente di:
“SEGUNDO.- MOCIÓN DO GRUPO POLÍTICO DO PARTIDO POPULAR SOBRE MEDIDAS A ADOPTAR EN DEFENSA DO FUTURO ASTELEIRO DE NAVANTIA-FENE.
Seguidamente dáse conta da moción do grupo político do partido popular relativa ao asunto epigrafiado, de data 1 de decembro de 2008.
Aberto o turno de intervencións pide o uso da palabra o Sr. Galego Feal quen, unha vez concedido, manifesta que falaron de reducir o texto da moción suprimindo a mnotivación da urxencia e a exposición de motivos, polo que a moción queda reducida á proposta de acordo que, transcrita di:

“1º.- Se urxan as xestión e trámites pertinentes no senso de que por parte das institucións supra municipais se afronte a maior urxencia a execución da infraestructura de gran escala
denominada Rolda Oeste a fin de potenciar as xa de por si excelentes condicións das instalacións do Estaleiro fenés.
2º.- Se determine na revisión do puntual do planeamento municipal inviabilizar o uso ou destino do actual solo industrial ocupado por la planta naval para fins distintos os estrictamente vencellados coa súa actividade promovente.
3º.- Se decrete paralelamente ao trámite de modificación puntual e acorde co marco normativo de aplicación a suspensión de licencias en todo o ámbito do estaleiro para aquelas actividades diverxentes coa construcción naval ou complementarias a mesma (licencias de construcción, parcelación, actividade, etc.) no senso de cercenar calquera ocupación ou implantación allea.
4º.- Se curse comunicación a SEPI ( Sociedad Estatal de Participaciones Industriales), no senso de que se absteña en establecer negociacións destinadas a implantar actividades fabriles dentro do recinto do estaleiro distintas as de precisado carácter naval ou complementarias a mesmo con advertencia de rexietamento da corporación a calquera cambio de uso diferente o xa referido.
5º.- Se de traslado da decisión municipal os organismos pertinentes que por disciplina legal teñan obrigada audiencia ou coñecemento no procedemento, tanto as de carácter autonómico como da administración do Estado.”
O Sr. Pico Sanmartín pide o uso da palabra e , unha vez concedido, manifesta que a eles a moción lles vale sen a exposición de motivos.
Seguidamente intervén o Sr. Noceda Carballo e manifesta que a moción ten plantexamentos diverxentes verbo da postura que o grupo do PSdeG-PSOE mantén; que entenden que a saída da situación da Comarca pasa pola diversificación industrial, e que unha medida para elo é a da utilización do solo ocioso que está no estaleiro ; que a moción limita calquera tipo de uso que non sexa de construcción naval, polo que o grupo socialista entende que é unha moción que limita o desenvolvemento do Concello polo que non pode apoiar esta moción.

A continuación pide o uso da palabra o Sr. Sánchez Martínez quen, unha vez concedido, manifesta que quere ler a moción con tempo e que nesta Comisión váise abster.
De seguido pide o uso da palabra o Sr. Rodríguez Carballeira quen, unha vez concedido, di que para él a moción non ten sentido, porque fai unhas semanas o Pleno da Corporación aprobóu por unanimidade unha moción a instancia do Comité de empresa de Navantia sobre o asunto e tratar agora outra no lle parece serio.
Rematadas as intervencións pola Presidencia sométese o asunto a votación ordinaria, obténdose o seguinte resultado:
Votos a favor: Tres (3),(dos/a Sres/a Galego Feal, Bértoa Puente e Pico Sanmartín)
Votos en contra: Catro (4), (dos/a Sres/a Noceda Carballo, Rodríguez Carballeira, García Balado e Lourido González)
Abstencións: Unha (1), (do Sr. Sánchez Martínez).
Á vista do resultado da votación declárase ditaminada desfavorablemente a moción nos termos nos que queda redactada, anteriormente transcritos. “

Aberto o debate pide o uso da palabra o Sr. Galego Feal quen, unha vez concedido, manifesta que na comisión se retirou a xustificación da urxencia e da moción, reducíndose única e
exclusivamente aos puntos da solicitude, se ben nesa comisión xa se fixo unha modificación dun dos puntos, polo que reiteran a moción na que o que se pide básicamente é que se manteña a situación urbanística actual do estaleiro. Continúa a súa intervención o Sr. Galego Feal e di que queren facer unha modificación na moción, no punto segundo, onde di “puntual”, que pasaría a ser “xeral”, e no punto terceiro, onde di “puntual”, pasaría a ser “xeral”, e no punto cuarto engadir “…excepto as instalacións ocupadas pola antiga Imenosa”.
A continuación pide o uso da palabra o Sr. Sánchez Martínez quen, unha vez concedido, manifesta que hai algúns puntos nos que, pode coincidir, como é o primeiro, pero verbo dos outros puntos, uns os ve incongruentes, e outros se deberían tomar as decisións no momento correspondente. Di que é unha reivindicación constante entre todos que volva o estaleiro totalmente á construcción naval e que o que non se debe conceder solo para montar pequeños chiringuitos; que se viñese unha empresa moi grande e crease moitísimos postos de traballo terían que replantearse o tema; di que en canto ao punto terceiro lle serve o que dice; que no cuarto, si se lle podería esixir que sexa preferentemente; que hai outra cousa, xa que recentemente aprobouse unha moción do Comité de Empresa de Navantia por unanimidade na que se esixía o desbloqueo da construcción naval, polo que para él a moción que presenta o grupo do Partido Popular non ten moito sentido, polo que váise abster.
Seguidamente pide o uso da palabra o Sr. Polo Gundin quen, unha vez concedida di que o BNG ten claro que Fene e esta comarca conta cunha infraestructura inmellorable para a construcción naval; que teñen un acordo do Estado coa Unión Europea que impide a construcción naval civil ata o dous mil quince e teñen no contexto actual o compromiso do Presidente do Goberno de reabrir as negociacións para desbloquear e renegociar ese acordo e que esa data do 2015 se poida adiantar e Astano poida recuperar o seu uso que non debe ser outro que o da construcción naval civil; di que nese sentido apoian esta moción e cren que é moi importante non desagregar os terreos deste estaleiro porque ese si podería ser o principio do fin real da posibilidade de que nese estaleiro se fagan barcos, que é para o que está feito, non para facer outro tipo de actividades industriais que, incluso, poderían ser contestadas socialmente, como foron outras e están sendo outras no ámbito da ría.

A continuación pide o uso da palabra o Sr. Noceda Carballo quen, unha vez concedido, manifesta que o grupo municipal socialista na Comisión Informativa votou en contra da moción pero hai algúns aspectos que a dia de hoxe foron revisados e son elemento de reflexión para o cambio da súa posición; di que aínda que consideran que a moción non é de todo oportuna, xa que o grupo socialista sempre defendeu a unidade de acción xunto co comité de empresa, dado que e o que se trata é o de defender que exista construción naval no estaleiro non será o grupo socialista quen se opoña a iso, senón todo o contrario; di que ademáis á vista das modificacións propostas neste Pleno polo Sr Galego Feal, e tendo en conta o fondo do asunto o grupo socialista vaise abster.
Deseguido pide o uso da palabra o Sr. Galego Feal quen, unha vez concedido, manifesta que eles apoiaron a moción presentada polo Comité de Empresa de Navantia, e seguen a apoiar e cren que iso non entra en contradición coa moción que eles presentan; di que lle gustaría lembran que no estaleiro hai unha pancarta na que di que o estaleiro non se arrenda nin se vende e que coa moción que presenta o que pretende e que non se parcele o estaleiro e non se venda a pedazos; que se aparece unha grande empresa haberá que buscarlle solo industrial, ampliando ou tratando de ampliar o polígono de Vilar do Colo e pregunta que empresa máis grande pode vir a esta comarca que a que xa hai e repostase, ningunha, e que se así fora supón que todos os partidos da Corporación poñerían o hombro para que non se fora de Fene.
Seguidamente pide o uso da palabra o Sr. Sánchez Martínez quen, unha vez concedido, manifesta que cando se referíu a unha grande empresa, referíase a unha grande empresa
que fora compatible co medio; que o obxectivo primeiro é que Astano volva á construcción naval é algo que desde esquerda unida o teñen moi claro.
A continuación pide o uso da palabra o Sr. Polo Gundin quen, unha vez concedido, manifesta que cre que non teñen que dispersarse as forzas, senón concentrarse para que Astano se dedique á actividade para a que foi concebido que é a construcción naval, e que con esta moción se garante que a infraestructura se manteña para esa finalidade.
De seguido pide o uso da palabra o Sr. Noceda Carballo quen, unha vez concedido, di que o seu grupo tampouco está de acordo en que Astano se compre, se venda nin en que se parcele; que o grupo socialista o que defende é a unidade de acción co comité de empresa e, polo tanto, traballar conxuntamente con eles en todas as iniciativas que plantexen; que o que o grupo socialista plantexa é a reactivación da construción naval do estaleiro e o que tamén plantexa é a aposta pola diversificación industrial no Concello.
Rematado o debate, polo Sr. Alcalde-Presidente sométese a votación ordinaria o ditame da Comisión Informativa de Organización e Seguridade de data 2 de xaneiro de 2009 coas modificacións na moción propostas polo Sr. Galego Feal, obténdose o seguinte resultado.
Votos a favor: Ningún
Votos en contra: Nove (9) ( dos/as Sres/as Polo Gundín, Couto Seijido, Pico Sanmartín, Roca Requeijo, Vigo López, Galego Feal, Bértoa Puente, Fornos Corral e Franco Casal).
Abstencións: Oito (8), (dos/as Sres/as Puentes Rivera, Noceda Carballo, López Rodríguez, Lourido González, Silvar Canosa, Rodríguez Carballeira, García Balado e Sánchez Martínez).
Á vista do resultado da votación declárase aprobada a moción do grupo politico do partido popular que di:
“1º.- Se urxan as xestión e trámites pertinentes no senso de que por parte das institucións supra municipais se afronte a maior urxencia a execución da infraestructura de gran escala denominada Rolda Oeste a fin de potenciar as xa de por si excelentes condicións das instalacións do Estaleiro fenés.
2º.- Se determine na revisión xeral do planeamento municipal inviabilizar o uso ou destino do actual solo industrial ocupado por la planta naval para fins distintos os estrictamente vencellados coa súa actividade promovente.
3º.- Se decrete paralelamente ao trámite de modificación xeral e acorde co marco normativo de aplicación a suspensión de licencias en todo o ámbito do estaleiro para aquelas actividades diverxentes coa construcción naval ou complementarias a mesma (licencias de construcción, parcelación, actividade, etc.) no senso de cercenar calquera ocupación ou implantación allea.
4º.- Se curse comunicación a SEPI ( Sociedad Estatal de Participaciones Industriales), no senso de que se absteña en establecer negociacións destinadas a implantar actividades fabriles dentro do recinto do estaleiro distintas as de precisado carácter naval ou complementarias a mesmo con advertencia de rexietamento da corporación a calquera cambio de uso diferente o xa referido, excepto as instalacións ocupadas pola antiga Imenosa”.
5º.- Se de traslado da decisión municipal os organismos pertinentes que por disciplina legal teñan obrigada audiencia ou coñecemento no procedemento, tanto as de carácter autonómico como da administración do Estado.”

No hay comentarios: