lunes, 13 de julio de 2009

Proposición de lei do PP "O Parlamento insta a Xunta de Galicia a requirir ó Gobernó de España a que inicie de inmediato a renegociación coa U.E."


O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu
Portavoz e á iniciativa dos deputados José Carlos López Campos, M- Ángeles Díaz Pardo, Daniel Várela Suanzes Carpegna, Natalia Barros Sánchez, ó abeiro do disposto nos artigos 160, 98 e concordantes do Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Proposición Non de Lei para o seu debate en Comisión.

A urxencia ven motivada pola grande importancia que para a continuidade de Navantia ten a negociación no marco da Unión Europea no tocante ao sector naval.

Exposición de Motivos
Dende a entrada de España na U.E., en onde o gobernó presidido por Felipe González pactou a limitación de construción naval no Astillero de Astano, hoxe Navantia, a Comarca de Ferrolterra ven sufrindo a repercusión negativa que dita negociación tivo para a súa economía, a cal aínda que se foi diversificando, é gran dependente da construción naval.
O actual gobernó central vennos engañando de forma reiterada respecto á súa postura neste tema. Así o 27 de novembro do 2008 o presidente Rodríguez Zapatero asegurou que era un momento apropiado para renegociar o acordó do seu gobernó coa U.E. Respecto as limitacións da factoría de Fene para a construción civil e que o ía intentar.

O 12 de decembro o mandatario español declarou que este momento de crises sería bo para reabrir o debate sobre a situación dos estaleiros do noroeste

O 18 de decembro o xefe do executivo asegurou que estaba facendo múltiples xestións para a supresión da prohibición da CE. respecto ós estaleiros.
Sen embargo o 6 de xaneiro a Comisaria da Competencia, Neelie Kroes, en resposta a pregunta escrita E-6178-2008 sobre sector naval e plan europeo de reactivación económica asegurou
que "a Comisión desexaría subliñar que non ten previsto revisar a decisión relativa á construción naval civil nos estaleiros Navantia";

Igualmente remata a resposta manifestando "A Comisión non encontra xustificado revisa-la Decisión da Comisión de 2005 relativa aos estaleiros Navantia nin os compromisos asumidos por España de limitar as vendas civís de Navantia a un 20% do seu volume de negocios" Descuberta desta maneira a falacia do Presidente Zapatero no debate do Estado da Nación, recoñeceu que posporía ata ó ano 2010 a renegociación do acordó coa U.E. sobre Astano.
Esta deixadeza do gobernó prexudica gravemente á comarca de Ferroltera, que ve diminuida a posibilidade de crear postos de traballo, desanima ás empresas da comarca e impide crear riqueza limitando o desenrolo da zona.

POR ISO,
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia a requirir ó Gobernó de España a que inicie de inmediato a renegociación coa U.E. a fin de modificar o seu acordó coa U.E. e que os Estaleiros Navantia
poidan dedicarse á construción civil."
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2009.

No hay comentarios: