martes, 19 de mayo de 2009

O PSOE apoiará o Bloque para que Navantia poida volver á actividade civil antes de 2015


O PSOE estatal aceptou a reclamación do BNG para que o goberno español marque entre as súas prioridades de cara á presidencia de Zapatero do Consello de Europa -2010-, comezar negociacións coa Comisión Europea para que se revise a restrición imposta ao estaleiro de Navantia, e este poida dedicarse á construción naval civil en 2015.

O grupo socialista pactou cos nacionalistas galegos unha emenda conxunta, relacionada co debate sobre política estatal desenvolvido a pasada semana, que aborda os "compromisos prioritarios" do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero para cando estea ocupando a presidencia europea. Entre eles atópase a defensa do sector leiteiro galego, e, sen ningunha variación, o texto inicial elaborado polo BNG no referente á liberación dos estaleiros de Ferrol.




Unha vella reivindicación
Cómpre lembrar que esta é unha reivindicación de vello, mais que a Comisión Europea xa advertira varias veces que Navantia Fene non pode construír buques civís, polo menos até dentro de seis aos, dado o compromiso que asumiu o goberno español con Bruxelas, tras autorizar esta a reestruturación de Izar. A solución global adoptade en 2004 concretouse, por un lado, coa liquidación ordenada de Izar, mediante a venda dos seus activos; e polo outro, na creación de Navantia, centrada fundamentalmente na construción naval militar, se ben pode realizar actividades civís "complementarias", e limitadas ao 20% da súa facturación.

Porén, e a pesar da existencia deste compromiso coa Comisión Europea, o executivo de Zapatero comprometeuse en varias ocasións do BNG, a última delas a pasada semana, a darlle pulo ás conversas con Bruxelas, para garantir o futuro de Navantia. Mais, por outro lado, o goberno de Zapatero segue sostendo que o 93,5% da produtividade do estaleiro de Fene é froito de contratos sólidos coa armada australiana, que se prolongarán os vindeiros 5 anos.
vieiros.com

No hay comentarios: