viernes, 23 de enero de 2009

Carro afirma que o Goberno si negocia o futuro de Navantia

O senador ferrolán socialista Xavier Carro respondeu ás declaracións realizadas antes de onte por representantes do PP, concretamente o deputado nacional Arsenio Fernández de Mesa e o autonómico, Diego Calvo, asegurando que o Goberno central si está a negociar con Bruxelas o levantamento do veto que pesa sobre a antiga Astano.

"O Goberno central está expondo ante a Unión Europea a revisión do acordo de 2004, xa que con base na situación económica actual xustifícase a modificación das políticas económicas e as concesións de axudas ós sectores privados", afirmou.

Carro apuntou que "mentres eses contactos non finalicen, tal e como é lóxico, a Unión Europea mantén a posición que veu sostendo ata o momento." O senador acusou o PP de "carecer de receitas fronte á crise económica, e por iso andan a enredar". O PP fixo pública unha resposta parlamentaria remitida polo goberno o pasado 26 de decem- bro a de Mesa, na que se sinala que non é posible renegociar o levantamento do veto produtivo que pesa sobre a antiga Astano. Esta resposta contradí o anuncio realizado por Zapatero hai só uns días.

Na resposta, o executivo de Zapatero afirma que "non pode modificarse ningún elemento constitutivo da decisión comunitaria de xuño de 2005. O estaleiro de Fene pode continuar a súa actividade militar, pero non a civil, independentemente de se é privatizado ou non. Se Fene retomase a actividade civil, sería obxecto dunha reclamación polas axudas percibidas".

No hay comentarios: