lunes, 8 de diciembre de 2008
“Manter o veto aos buques civís en Navantia sería un bochorno”, avisa Quintana
ESTALEIRO ESTRATÉXICO
O "non" á construción civil en Navantia sería un bochorno
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, insistiu na necesidade de que agora é o momento para cambiar de modelo económico e "deixar atrás unha economía especulativa e de casino", unha economía que aínda segue hoxe vixente mentres centos de persoas van ao paro cada día.
Consultado sobre a insistencia dos nacionalistas de solicitar que Navantia-Fene volva á construción de buques, o vicepresidente Quintana afirmou que agora mesmo sería "un bochorno" que alguén se opuxese a esta iniciativa. Tal como detallou, a proposta defendida polos nacionalistas non consiste en pedir cartos, senón simplemente en pedir "que nos deixen traballar" e acadar así novos obxectivos cos que superar a situación de crise. Segundo explicou, o mellor que se pode facer nestes momentos é xerar emprego, e lembrou que precisamente o sector naval galego é un espazo con moita capacidade de internacionalización e de avance, con empresarios dispostos a crear ata 5.000 postos de traballo.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=80&idNoticia=373380
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario