lunes, 3 de noviembre de 2008

Iniciativa del PP prohibición de construír buques civís no estaleiro de Navantia en Fene (0ctubre 2008)


- 07/PNP-0577(33139)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Bernardo Tahoces, Ángel e 2 deputados máis Sobre as actuacións para levar a cabo en relación coa prohibición de construír buques civís no estaleiro de Navantia en Fene e a presentación pola SEPI dun plan industrial para a comarca de Ferrolterra

-A Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia a través doseu Portavoz e a iniciativa dos deputados Ángel BernardoTahoces, Diego Calvo Pouso, Marta Cerdido Pintos, a oabeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Pleno.
Exposición de Motivos:
Como é ben coñecido polas señoras e señores deputados desta Cámara, coa prexubilación de 1.405 operarios nos estaleiros da ría de Ferrol (701 en Ferrol e 704 en Fene), Ferrolterra agrava o seu declive industrial e económico ao recaer sobre o sector naval ferrolán o maior recorte técnico e humano da reconversión de Izar. De feito, a comarca soportará máis dun terzo das prexubilacións do Grupo, o que constituíu, proporcionalmente talando, o maior quebranto humano da reconversión.Vinte anos despois da primeira reconversión (momento no cal os estaleiros da ría ferróla xeraban emprego directo para máis de 9.000 traballadores), o novo
recorte de persoal froito da reestruturación de Izar deixa áfactoría de Ferrol cun cadro de persoal de 2.014 persoas.
Aplicándose, dito axuste, nun grao superlativo en Fene, xa que dos 1.064 operarios que componía o censo a fináis do ano 2003, quedáronse en 360, é dicir, deixando ao estaleiro
prácticamente desmantelado. Ademáis, o actual plantexamento supon a desaparición da construción naval civil en dito estaleiro e a súa conversión en subsidiario da factoría ferróla.


O anteriormente exposto foi froito do acordó asinado o16 de decembro do 2004 pola SEPI e os sindicatos, onde Izar Fene integrábase na compañía pública Navantia. No punto 4S do devandito acordó, limitábase a actividade civil durante 10 anos. Non obstante, a SEPI, propietaria de
Navantia comprometeuse a presentar un plan industrial para a comarca de Ferrolterra, algo que a data de hoxe aínda non fixo.Igualmente, hai que lembrar que en xaneiro do 2007 a
Consellería de Innovación e Industria, presentou un plan industrial para o estaleiro de Fene, baseado na desafectación dos activos ociosos, 600.000 m2 segundo o Conselleiro, que existen en Navantia Fene, para poder construir buques civís e crear 250 postos de traballo directos e case 3.000 indirectos nun novo estaleiro. A iniciativa foi de Hijos de J. Barreras, e o financiamento
correría por conta de Caixanova e Caixa Galicia.

Con data 24 de xaneiro do 2007, o presidente da SEPI, rexeito que na actual Navantia Fene existirán 600.000 m2 ociosos, e preciso que, con "algunos ajustes y cambios",a SEPI podería facer un esforzó para ceder 200.000 m2, pero en calquera caso para unha actividade que non fose a construción naval civil. Insistindo que o Plan industrial presentado pola Xunta e liderado por Hijos de J. Barreras"está poco pensado en sus límites jurídicos, tácticos, económicos y político sociales". Lembrando que con respecto á actividade da factoría de Fene, soamente pode construir e reparar embarcacións militares ata o ano 2015.
Con data 12 de marzo de 2007 o señor Presidente da Xunta de Galicia anunciou en Ferrol o "compromiso xa pechado" co Presidente de SEPI polo que a entidade pública cedería 200.000 metros cadrados de terreos ociosos da factoría fenesa.
Con data 7 de outubro do 2008 o señor Presidente deNavantia afirmou que "o asteleiro, probablemente está utilizando absolutamente tódalas súas instalacións" e que
"estamos a plena ocupación, tanto en Ferrol como en Fene".

A día de hoxe, e a pesar do interese de empresarios da comarca de Ferrolterra polo uso das instalacións chamadas ociosas polo señor Presidente da Xunta de Galicia, as afirmacións do señor Touriño resultaron ser mentira e as do señor Gómez Jaén unha burla á intelixencia dos ferroláns.
O señor Presidente da Xunta de Galicia, manifestou o seu acordó coas teses do Presidente da SEPI, que sostén que Navantia Fene non poderá construir buques civís nin no sector público nin privado ata o ano 2015. Non obstante, o señor Presidente, opta pola estratexia de intentar "revisar e renogociar" o acordó con Bruxelas, e tamén defende outra das opcións plantexadas pola corporación pública para antiga Astano: propiciar o asentamento doutras industrias
nos terreos infrautilizados.
Transcorrido prácticamente catro anos dende a última reconversión da antiga IZAR, non se cumpriu o compromiso por parte da SEPI de presentar un Plan industrial para a
comarca de Ferrolterra.
Transcorrido máis dun ano e medio dende o anuncio do Plan Industrial da Xunta de Galicia para Navantia Fene promovido por Hijos de J. Barreras, e transcorrido máis de ano e medio do anuncio de revisión e renegociación de acordos coa U.E. feito por parte do Presidente da Xunta, e
de propiciar o asentamento doutras industria nos terreos infrautilizados da antiga ASTANO, o resultado final é a nada.


E como agravante de todo isto, hai que salientar que o Presidente da SEPI manten unha negativa de case un ano de duración para recibir os axentes sociais de Ferrolterra. A Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF) reclamou afináis do 2007 unha xuntanza con Presidente da SEPI, para
abordar os plans de futuro da antiga ASTANO, os chamados activos ociosos da factoría, a fábrica de Turbinas e Reparación. Tras meses de desatender esta petición, o conselleiro de Economía comprometeuse o pasado mes de xullo a que en setembro se producirá a xuntanza, sen que
esta houbera tido lugar a data de hoxe.
E entre todos estes despropósitos, os tres Grupos políticos deste Parlamento, en múltiples ocasións e dun xeito unánime, téñense pronunciando sobre a necesidade de que a Xunta de Galicia demande do Gobernó central a realización das xestións oportunas para superar as
limitacións actuáis á construción e a reparación naval civil nos estaleiros galegos de Navantia. Cunha excepción, no pasado debate do estado da autonomía, si ben o Grupo Parlamentario Popular, votou favorablemente a unha proposta de resolución do BNG, na que se demandaba a
construción naval civil para o estaleiro de Perlio. Os Grupos políticos que sustentan ao Gobernó, votaron en contra dunha proposta de resolución do Grupo Parlamentario Popular, que demandaba para o estaleiro de Navantia Fene a recuperación da reparación naval civil, e a reapertura da División de Turbinas do estaleiro.
Por todo o anteriormente exposto, e tendo en conta o impacto que a situación descrita está a ter na industria auxiliar ferróla, así como a responsabilidade do executivo para deseñar e impulsar unha alternativa de revitalización económica, o Grupo Parlamentario Popular estima que hai
que apostar por unha alternativa concreta de futuro para o estaleiro de Fene.
O Grupo Parlamentario Popular, sen abandonar a necesidade de que Navantia Fene volva de inmediato á construción naval civil, a súa aposta decidida para deseñar o futuro do estaleiro de Navantia en Fene pasa por promover un "GRAN CENTRO DE REPARACIÓNS NAVAIS" en Ferrolterra coa creación de 2.000 empregos.

Os argumentos que se poden esgrimir no seu favor son múltiples e variados, pero quizáis baste apuntar o seguintes:
1. O negocio das reparacións constitúe un interesante segmento de mercado a futuro que, no caso de Galicia, ofrece un especial potencial de crecemento derivado da súa situación xeoestratéxica (proximidade a unha das principáis rutas mundiais de tráfico marítimo).
2. Navantia dispon dun área de Carenas no complexo Ferrol-Fene con recoñecido prestixio a nivel internacional por a súa grande capacidade de traballo especializado e excelentes medios técnicos e humanos.
3. Tratase duna actividade con especial incidencia na industria adxacente. Así, mentres que tan só unha pequeña parte do diñeiro que ingresaba Navantia pola construción de novos buques repercutía en Ferrolterra, no caso das reparacións o porcentaxe de participación das
empresas auxiliares supera o 50% do custe total e chega a alcanzar o 95% en termos da man de obra.
4. Tratase dunha iniciativa que conta co respaldo inicial da industria auxiliar e do resto dos colectivos empresariais, sociais e políticos da comarca ferróla, chegando a formular un compromiso serio de cofinanciamento de determinadas medidas por parte da iniciativa privada chegado o caso.
5. Facilita á SEPI e á propia Navantia unha vía de acción que dun xeito progresivo podería ir resolvendo as diversas dimensións do problema que se lle xera en Ferrol:
Entre as diferentes dimensións do problema que se podería solucionar a través desta vía atoparíanse as seguintes:
- Permitiría dotar de uso industrial a unhas instalacións que de outra maneira correrían un risco de permanecer ociosas.
- Facilita unha resposta ao colectivo da industria auxiliar que doutro modo que doutro modo constituiría un novo grupo de presión ante o Gobernó con miras ao logro dunha alternativa para a súa situación
Por todo o exposto o Grupo Parlamentario Popular
entende que o Parlamento de Galicia, unha vez máis, debe tratar a posibilidade de que Navantia Fene poda desenvolver actividade civil antes do ano 2015, polo que os deputados que asina esta iniciativa presentan a seguinte proposición non de Lei en Pleno:

O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:
PRIMEIRO. Que demande do Gobernó do Estado que se inicien de inmediato conversas coa Unión Europea coa finalidade de levantar a prohibición de construir buques civís no estaleiro de Navantia en Fene.
SEGUNDO. Que demande da SEPI o comprometido Plan Industrial para Ferrolterra.
TERCEIRO. Que, aproveitando o auxe do sector eólico, colabore coa SEPI para o relanzamento da actividade da División de Turbinas.
CUARTO. Que o mesmo tempo e como prioridade, aproveitando a prestixiosa área de carenas do complexo Navantia Ferrol-Fene e o interese de empresarios da comarca de Ferrolterra, se permita a posta en marcha dun GRAN CENTRO DE REPARACIÓNS NAVAIS na comarca
de Ferrolterra, con inversión pública e privada, coa creación
de 2.000 empregos.


PARLAMENTO DE GALICIA
. REXISTRO XERAL ENTRADA
™ " Data asento: 27/10/2008 18:23
DEGALICIAj N O R e x ¡ s t r o . 3 3 1 3 9
Data envió: 27/10/2008 18:23:35.861
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2008
Asinado dixitalmente por:
Manuel Santos Ruíz Rivas na data 27/10/2008 18:22:02
Ángel Bernardo Tahoces na data 27/10/2008 18:22:10
Diego Calvo Pouso na data 27/10/2008 18:22:16
María Marta Cerdido Pintos na data 27/10/2008 18:22:25

No hay comentarios: