viernes, 21 de noviembre de 2008

ASTANO, a pantasma da discordia

O portavoz do BNG, Anxo Quintana, acude esta noite a un acto político en Ferrol. Unha cea reunirá aos afiliados e afiliadas do bloque baixo un argumento: “ Con mais autogoberno, unha economía ao servizo da xente”. A xuntanza coincide coa decisión adoptada polo BNG de non participar na movilizacion comarcal do 23 N

O domingo movilízase a comarca de Ferrolterra nunha manifestación convocada pola Asociación Impulsora do Plan Ferrol. O Bloque descólgase da movilización porque entre as reclamacións que se prantexan aos gobernos central e autonómico para a comarca, non se inclue expresamente que se elimine o veto á Astano para construir buques civís. O presidente da Asociación impulsora do Plan Ferrol, Francisco Cruz, afirma que esa reclamación sí esta incluída, aínda que non é a principal.

As máis relevantes teñen que ver coas infraestructuras, pendentes ou retrasadas: acceso por tren ao porto exterior; tren de alta velocidade entre Ferrol e A Coruña, o polígono de Leixa, etc. O presidente da AIPF pregúntase por qué o bloque non lle puxo esa condición ao PSOE cando apoiou os presupostos xerais do Estado. Escoitaa aquí
Pregunta que trasladarmos ao responsable comarcal do Bloque, Manuel López Foxo que responde con outra pregunta, ¿ por qué non se atreven a poñer a Astano como prioridade? e que podes escoitar aquí

A manifestación sairá o domingo, apoiada polo resto dos partidos políticos, sindicatos, alcaldes e diferentes asociacións veciñais.

http://www.radiofusion.eu/rfusion/emisoras/ferrolterra/astano_a_pantasma_da_discordia

No hay comentarios: